carrinhocarcere1.jpgJoaquim Sempere —doutor en Filosofía, licenciado en Socioloxía, profesor da UB e integrante do consello de redacción da revista Mientras Tanto— ven de publicar o libro “Mejor con menos. Necesidades, explosión consumista y crisis ecológica”. Entrevistado polo diario español Público, asegura “Nos países ricos afixémonos tanto á prosperidade, ainda que hai bolsas de pobreza e marxinación considerábeis, que nos custa concebir un parón. Hai unha adicción ao consumo. Hai minorías conscientes, mais á maioría custaralle adaptarse. Nisto a mellor escola, por desgraza, é a necesidade pura e dura”. Sempere alerta da posibilidade de que “surxan profetas populistas que oferezan a calquer prezo a defensa dos níveis de consumo adquiridos, mesmo a perseguizón xenófoba e racista dos imigrantes ou aventuras bélicas no exterior” e, para previr e evitar estas derivas, defende a imprescindíbel elaboración de “políticas que permitan un tránsito paulatino a unha economía menos consumidora de recursos”.

Para quen foi discípulo de Manuel Sacristán, “cada vez hai máis xente consciente da insensatez do actual despilfarro”, “mais as solucións globais non serán a suma das accións individuais, virán da acción colectiva e dos gobernos”. Sempere opina que “a cidadanía se debe organizar e presionar politicamente” para “romper as rotinas e as inercias conservadoras desde todas as frontes”.

Fonte: Consomes ou devoras?

Something to say?