planeta-esmagado.jpgCitando ao ecólogo Ramón Margalef, quen escribiu que “o que chamamos contaminación consiste, xeralmente, nunha enfermidade do transporte dos ecosistemas”,  Antonio Estevan cualificou o transporte, nun texto titulado “La enfermedad del transporte”, como “a grande doenza dos ecosistemas na nosa época”. “A Natureza e o transporte horizontal masivo son inimigos por natureza”. O que predomina na Natureza é o transporte vertical, dependente da luz e a gravidade. O horizontal, dependente de enerxía externa, pode verse, en palabras de Margalef, “como unha perturbación, ou, polo menos, como unha modificación imposta” sobre un esquema principal de traxectorias verticais.

A enfermidade do transporte, o transporte motorizado masivo e intenso, afecta a boa parte de Europa -altamente dependente do exterior para se abastecer de moitos bens e materias primas- e presenta dúas caras igualmente deletéreas, unha con dimensión global e outra europea. En “La enfermedad del transporte”, que xa ten algúns anos, abórdase o problema do transporte en Europa, primeiro o de mercadorías e logo o de viaxeiros, dous focos que se van entretecendo a medida que a doenza progresa. Unha doenza moi grave, sen remedio no actual contexto social, político, económico e cultural, mais que quizais se podería paliar reducindo a capacidade viaria para “evaporar” tráfego.  Un texto lúcido, crítico, informado e honesto, outro valioso contributo para entendermos a realidade que nos deixou Antonio Estevan, quen vén de recibir unha ben merecida homenaxe logo do seu recente pasamento.

Outra leitura imprescindíbel sobre transporte e sustentablidade é o libro “Hacia la reconversión ecológica del transporte en España”, escrito con Alfonso Sanz.  Agora podemos descargalo gratuítamente en formato electrónico aquí.

Something to say?