Estímase que morren cada ano uns 4.000 traballadores e traballadoras en España por causa da exposición a sustancias químicas, exposición que vai alén dos lugares de traballo, polo que non só estamos perante un grave problema de saúde laboral, senón tamén de contaminación ambiental, con consecuencias para nós e para o resto dos seres vivos. Un vídeo do Instituto Sindical de Traballo,Ambiente e Saúde (ISTAS), que se pode ollar en QuercusTV, o canal de vídeos da asociación ecoloxista portuguesa Quercus, alerta sobre o risco químico e informa sobre como reducilo.

Something to say?