Celebrado en Bilbao a finais do ano pasado, o Seminario sobre Ecoloxía Política organizado por Bakeaz constou de tres sesións. Na primeira sesión, o escritor Jorge Riechmann disertou sobre “Modelos enerxéticos e modelos de sociedade”, concluíndo que “se non conseguimos rebaixar o consumo de enerxía primaria, todo o discurso sobre sustentabilidade sobra, é mera palabrería falta de contido”. Na segunda sesión, Joan Martínez Alier, catedrático de Economía da Universidade Autónoma de Barcelona e coordenador da revista Ecología Política, falou sobre “A crise económica ollada desde a ecoloxía política”. Para Alier, a crise económica “é unha oportunidade para reestruturarmos as relacións sociais segundo as propostas dos partidarios do decrecemento económico socialmente sustentábel”. O seminario pechouno o economista e eurodeputado verde Alain Lipietz,  quen defendeu a ecoloxía política como vieiro para enfrontarmos a actual crise económica e ecolóxica.

Máis información sobre os contidos do seminario na web de Bakeaz, aquí.

Something to say?