O Parlamento autonómico non quixo aprobar unha declaración inequívoca de Galiza como Zona Libre de Transxénicos (ZLT) (ver noticia en Vieiros), perante a lóxica decepción da Plataforma Galega Anti-Transxénicos. Os transxénicos conlevan non poucos prexuízos e tornan os labregos e labregas máis dependentes das grandes transnacionais da agroindustria. Está sobradamente demostrado que non precisamos de transxénicos para avanzar cara a unha agricultura sustentábel e para garantir o dereito a unha alimentación saudábel. Todo o contrario.

No documental “A manipulación dos campos (Aliens in the field)”, pertencente á serie Earth Report, producida por tv/e, expónense as dúbidas, os riscos e os danos que rodean os transxénicos, a partir da realidade da súa introdución na India, Zambia e Arxentina.

 

Something to say?