A revista Mientras tanto dedicou un número monográfico (o 106, primavera 2008) á soberanía alimentar, unha idea que ten irrompido con forza na última década. Na introdución deste monográfico explícase que a soberanía alimentar xurdiu como un “concepto destinado a superar os límites nos que tiña ficado constrinxida a idea de seguridade alimentar”. O novo concepto propón como atinxir a satisfacción das necesidades alimenticias da poboación, baseándose na agricultura familiar labrega, e non nas grandes corporacións agroindustriais, que son en realidade parte da causa da fame no mundo. Un dos artigos do monográfico é “La ruptura del consenso en torno a los agrocombustibles”, do que son autores Isabella Kenfield e Eric Holt-Giménez, quen estivo este semana no noso país convidado pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos.O artigo, unha tradución dunha publicación de Food First, céntrase en tres aspectos das “verdades incómodas” sobre os agrocombustíbeis industriais: escaseza de alimentos, dependencia enerxética e dano ambiental.

A soberanía alimentar será tamén o tema dun dos debates incluídos no programa do primeiro Foro Social Galego, debate no que participará Paul Nicholson, representando a Vía Campesiña, a plataforma internacional de organizacións rurais e labregas que lanzou o concepto de soberanía alimentar.

Something to say?