O transporte da ría de Vigo comeza a perder servizos. A empresa Mar de Ons decidiu suprimir os servizos entre Moaña e Vigo nos festivos e fins de semana. Entre as razóns alegadas para iso está o descenso de usuarios provocado pola apertura do Corredor do Morrazo e o levantamento da peaxe de Rande na autoestrada. Unha consecuencia esperada de decisións públicas ecoloxicamente inadecuadas e socialmente inxustas (aínda que non o parezan). Quen non teñan acceso a un coche ven reducidas agora as súas posibilidades de se desprazar. Moitos automobilistas poderán seguir abusando do coche e contribuíndo á mudanza climática coa axuda dos orzamentos públicos. Os custos externos pagámolos todos e todas. A peaxe de Rande tamén, a través dos orzamentos públicos.

Something to say?