eu_trawlers_dest_oceans_spa_01.jpgO arrastre é unha técnica de pesca moi destrutiva. A organización ecoloxista Oceana, no informe “Los arrastreros europeos destruyen los océanos”, de 2004, documenta de forma exhaustiva como os 15.000 barcos da frota europea de arrastre, algúns deles de propiedade galega, “están sobreexplotando recursos mariños e danando irreversibelmente algúns dos ecosistemas máis biodiversos e produtivos”, tanto dentro como fóra das augas da UE. “Non afrontar os problemas da frota de arrastre e ceder perante a presión dos seus lobbies é perpetuar a destrución de ecosistemas e recursos mariños e condenar a decenas de milleiros de mariñeiros a un futuro máis que incerto”.

A política pesqueira da UE non conseguiu acabar coa sobrepesca. E non parece que o vaia facer. Oceana coida que a proposta de cotas pesqueiras para 2009 que vén de facer a Comisión Europea é demasiado benévola, aínda que recoñece o esforzo da Comisión por reducir as capturas para a maioría das especies. Se a historia de anos anteriores se repite, os ministros e ministras de Pesca da UE tornarán aínda máis benévola a proposta, guiándose por estreitos e curtopracistas intereses nacionais.

Something to say?