Tantas veces anunciada como adiada.  De acordo cunha noticia publicada na edición galega de El Pais, La Xunta retrasa ampliar zonas protegidas para suavizar restricciones” , semella improbábel que a Consellaría de Medio Ambiente amplíe a Rede Natura 2000 antes do remate da actual lexislatura. Esta medida podería ser unha boa ferramenta para que o conselleiro Manuel Vázquez evitase a construción de novos parques eólicos en espazos naturais de interese, como resultado do concurso eólico convocado polo seu compañeiro de Consello da Xunta Ferando Blanco. Mais, como nos aclarou Touriño esta semana, o que fai Vázquez é “protexer o medio ambiente” sen cuestionar nin a política enerxética nin a eólica. Políticas estas que pretenden un importante e rápido aumento de potencia sen definir previamente un mapa completo de zonas a excluír por razóns ambientais.   

 Tamén baixo o bipartito, a destrución ambiental vai moito máis rápido e moito máis lonxe que a protección ambiental. E a Consellaría de Medio Ambiente non xoga ningún papel relevante como contrapeso sustentabilista dentro do Goberno. E menos aínda o BNG. Mais con certeza  haberá quen ache que cun conselleiro/a de medio ambiente nacionalista as cousas serían moi diferentes. Oxalá sexa así, mais dificilmente o comprobaremos. Non vexo hoxe posibilidades de que alguén cun perfil máis ou menos ecoloxista poida ser conselleiroa de medio ambiente (nin co BNG e co PSOE). E se chega a selo tería moitas oportunidades de acabar como Narbona.    

Something to say?