O Movemento Mundial polos Bosques Tropicais preparou o vídeo “Montañas de papel, montañas de injusticia“, sobre o consumo desmedido de papel nos países desenvolvidos e sobre os impactos das celulosas e dos monocultivos destinados á produción de celulosa para a industria papeleira. O sobreconsumo de papel en Europa (máis acentuado nos países do norte) favorece a expansión de plantacións intensivas de eucalipto, agora sobre todo en países “en vías de desenvolvemento”. Por aquí, a eucaliptización segue sen preocupar ao Goberno galego, o que levou á Federación Ecoloxista Galega (FEG) a lanzar unha ciberacción con motivo do Día Internacional contra os Monocultivos de Árbores. O traslado da celulosa de ENCE en Pontevedra podería empeorar o panorama aínda máis, no noso país e en América Latina. Na Consellaría do Medio Rural e no conxunto do Goberno galego semellan ser ben máis sensíbeis á demanda dun “plano de aproveitamento forestal adecuado” que fixeron os promotores da nova celulosa que á ciberacción ecoloxista.

Something to say?