Entre a problemática incendiaria de Galiza e a de Portugal hai moitas semellanzas. Por exemplo, nos perfís dos incendiarios. Os máis habituais non son precisamente pirómanos (persoas cunha doenza que as impulsa a prender lume), nin membros de escuras tramas organizadas por intereses económicos, nin militantes de organizacións partidarias dun ou doutro signo,…. Os incendiarios adoitan ser labregas e, sobre todo, labregos, afeitos a usar e abusar do lume como ferramenta, vivindo en condicións difíceis, tratados como cidadáns de segunda. Os retratos duns incendiarios portugueses, recollidos nunha recente reportaxe do lisboeta Diário de Notícias, ben poderían ser os de incendiarios do noso país.

As semellanzas entre Galiza e Portugal neste tema non se reducen ao perfil dos incendiarios. Tamén en Portugal, felizmente, diminuiu moito a incidencia dos lumes forestais nos dous últimos anos. Até o 30 de agosto deste ano tiña habido un 56,1% menos de lumes e un 93,7% menos de área ardida que na media do período 1998-2007. Sen dúbida, esa espectacular redución, tanto alí como aquí, debe ser, en grande medida, por causa das novas políticas para o rural….

2 Responses to “Incendiarios”

Estimados compañeiros, invitámosvos a visitar e participar no noso blog nomefiodelospoliticos.blogspot.com e solicitamos o voso permiso para incluir esta bitácora na nosa lista de ligazóns. Parabens pola vosa publicación e un saúdo do colectivo Xuntanza

Moitas grazas. Por suposto, tedes o noso permiso para incluírdes este blog na lista de ligazóns do voso.

Something to say?