Pedro Brufao, doutor en Dereito administrativo, é un incansábel e apaixonado defensor dos ríos. Aínda que non é galego, está vencellado a Galiza por razóns familiares e segue a nosa realidade fluvial con atención. Partillei con el hai uns anos a coordenación da campaña Sobran watios.Faltan ríos vivos, organizada por ADEGA e por AEMS-Ríos con vida e apoiada por moitas outras organizacións, e que se xestou a partir dunha idea súa. Nun recente artigo en La Voz de Galicia, Fluviocidio no país dos mil ríos, lamenta o atraso na aplicación da Directiva Marco da Auga no noso país. Neste senso, a aprobación no Parlamento da iniciativa lexislativa popular en defensa dos ríos, sen a desenvolver, semella non ter sido moito máis que un xesto da maioría que sustenta o Goberno para contentar a súa base electoral. Malia algúns avanzos, non parece posíbel falarmos dun auténtico xiro na política autonómica da auga, aínda bastante ancorada nos principios da vella cultura da auga. De Pedro Brufao tamén podemos ler outro artigo recente en Viento Sur, “Corrupción e irregularidades en la gestión del agua en España“, e mais un libro que veñen de editar Bakeaz e a Fundación Nova Cultura da Auga, “La revisión ambiental de las concesiones y autorizaciones de aguas“.

Something to say?