As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro” é un documental de algo máis de media hora sobre os destacados valores e o lamentábel estado de conservación da que aínda é unha das tres zonas húmidas interiores máis valiosas da nosa terra. En 1999, a Consellaría de Medio Ambiente incluiu 959 hectáreas deste espazo natural, situado entre as vilas de Porriño e Tui, na Rede Natura 2000. Porén, nos últimos anos a superficie protexida reduciuse nun 25% en favor da industria e das vías de comunicación. Unha produción da consultora ambiental Píntega e de Asombra Producións con guión de Xián Nieto, bo coñecedor desta zona húmida. Podes ver este recomendábel documental en Cultura TV.

Something to say?