Archive for the 'Auga' Category

O prezo da auga

Posted by xoseveiras on Maio 16th, 2011

Nas bacías de Galiza-Costa, a demanda de auga urbana, de auga que circula polas traídas (para atender non só consumo doméstico, senón tamén comercial,  institucional e parte do industrial e agrogandeiro), supón o 68% do total, mentres que no territorio galego da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil representa o 35,5% (datos para 2005 procedentes dos respectivos borradores […]

Un plan de auga case perfecto

Posted by xoseveiras on Outubro 26th, 2010

Así se refire Narcís Prat, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Barcelona e membro da Fundación Nova Cultura da Auga, co-autor do libro “Alternativas para la gestión del agua en Cataluña”, ao plano de xestión das bacías internas de Catalunya nun artigo de opinión publicado no xornal El Periódico de Catalunya. Ao ver de Prat, […]

Flow, por amor á auga

Posted by xoseveiras on Xullo 27th, 2010

“FLOW, por amor á auga”  é un impactante documental que nos introduce na cuestión da crise da auga e o negocio que representa, o “ouro azul”. Dirixido por Irena Salina, este filme xa foi catalogado como “a verdade incómoda” da auga, participou na selección oficial no Festival de Cinema de Sundance 2008 e gañou diferentes […]

Xares, o río que nos leva

Posted by xoseveiras on Abril 23rd, 2009

“Xares, o río que nos leva” é un documental de Pedro Prada  no que son protagonistas os veciños e veciñas de Alberguería (A Veiga-Ourense), poboación que desapareceu en 1958 baixo as augas do encoro hidroeléctrico de Prada, no río Xares (subafluente do Sil). Unha historia de despoxo, de emigración, de destrución ambiental, que se […]

A nova economía da auga

Posted by xoseveiras on Marzo 26th, 2009

Federico Aguilera Klink, catedrático de economía aplicada da Universidade canaria de La Laguna, Premio de Economía e Medio Ambiente en 2004, vén de publicar o libro “La nueva economía del agua”. Nunha entrevista para o número 103 da revista “Papeles de relaciones ecosociales y cambio global” fala da nova cultura da auga,  da que salienta […]

Nova política da auga en Galiza?

Posted by xoseveiras on Setembro 20th, 2008

Pedro Brufao, doutor en Dereito administrativo, é un incansábel e apaixonado defensor dos ríos. Aínda que non é galego, está vencellado a Galiza por razóns familiares e segue a nosa realidade fluvial con atención. Partillei con el hai uns anos a coordenación da campaña Sobran watios.Faltan ríos vivos, organizada por ADEGA e por AEMS-Ríos con […]

Paradoxos despois da chuvia

Posted by xoseveiras on Maio 24th, 2008

“A Axencia Catalá da Auga (ACA) deseñou no seu espazo de competencia, Bacías Internas de Cataluña, unha planificación hidrolóxica exemplar; probabelmente a máis avanzada e coherente, non só de España, senón da Unión Europea, cando menos no espazo mediterráneo. Neste contexto, resulta paradoxal que a crise da seca que sofre, ou sofreu, Barcelona estea sendo […]

Entre a vella e a nova cultura da auga

Posted by xoseveiras on Abril 9th, 2008

Leandro del Moral e Nuria Hernández-Mora, membros da Fundación Nova Cultura da Auga (FNCA) e colaboradores de Bakeaz, no artigo “El balance de la política”, publicado no xornal basco “El Correo”, facían no final da pasada lexislatura balanzo da política estatal da auga. Salientaban a súa impresión de que “a nova política, após a […]

Tirar proveito das desgraças alheias: a água

Posted by xosemariagv on Setembro 10th, 2007

A água é um bem mui prezado, por aceder a ela e garantir o seu subministro existem conflitos que mesmo derivam em enfrentamentos armados. Hai quem entende que o acesso ao líquido elemento deve ser reconhecido como um direito humano básico e que, para que isto seja garantido, a sua gestom deve permanecer em maos […]