Archive for the 'Mar' Category

Futuro para a ría de Pontevedra

Posted by xoseveiras on Xaneiro 14th, 2011

Vídeo producido pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) sobre os valores naturais, os problemas ambientais e as posibilidades de aproveitamento sustentábel dos recursos da ría de Pontevedra e a súa contorna. Está dividido en catro partes. Aquí recollemos a inicial. As restantes partes pódense ver no Canal APDR en Youtube.

O Fondo da Liña

Posted by xoseveiras on Outubro 29th, 2009

Como nos amosa o vídeo “O fondo da liña“, o oceano profundo é o maior ecosistema do planeta, porém, continua amplamente inexplorado e áchase amaeazado pola pesca de arrastre.

Daniel Pauly é un prestixioso biólogo pesqueiro, líder do proxecto “Sea around us”. Un científico comprometido e independente que fala claro, un referente para os  ecoloxistas que traballan sobre temas pesqueiros, coma o noso compañeiro de consello de redacción Raúl García. Nunha entrevista para “El Pais Semanal”, ademais de falar da súa traxectoria persoal -marcada […]

Somalia, de mariñeiros a piratas

Posted by xoseveiras on Abril 23rd, 2009

A armada española, xunto coas doutros estados, volve navegar os mares para combater piratas, perigosos piratas africanos que secuestran tripulacións e dificultan o abastecemento de mercadorías e de peixe á consumista Europa.  Poucas veces se relaciona a extensión dos ataques piratas en Somalia coa actividade de buques pesqueiros estranxeiros, cuxa protección é un dos obxectivos […]

Os arrastreiros europeos destrúen os oceanos

Posted by xoseveiras on Novembro 13th, 2008

O arrastre é unha técnica de pesca moi destrutiva. A organización ecoloxista Oceana, no informe “Los arrastreros europeos destruyen los océanos”, de 2004, documenta de forma exhaustiva como os 15.000 barcos da frota europea de arrastre, algúns deles de propiedade galega, “están sobreexplotando recursos mariños e danando irreversibelmente algúns dos ecosistemas máis biodiversos e produtivos”, […]

A reserva mariña de Lira

Posted by xoseveiras on Agosto 4th, 2008

Segundo o “Estado do planeta” (edición especial de National Geographic, 2008), a comunidade local da illa filipina de Apo creou en 1982 unha zona de reserva mariña para favorecer a reprodución e recuperación das poboacións de peixes. O suceso desta iniciativa comunitaria de conservación levou a outras poboacións costeiras a seguiren o exemplo dos habitantes […]

Máis axudas públicas para a pesca?

Posted by xoseveiras on Xuño 3rd, 2008

Os armadores andan a reivindicar por toda Europa, tamén en Galiza, axudas públicas para o combustíbel. Oceana, a organización ecoloxista internacional especializada na conservación dos mares, rexeitou esta demanda a través dun comunicado e alentou aos Gobernos a adoptaren medidas para axudar o sector a se adaptar a un futuro con custos máis altos do […]

Guía para un consumo responsábel de peixe e marisco

Posted by xoseveiras on Xaneiro 30th, 2008

WWF/Adena, cuxo responsábel de pesca é o galego Raúl García (membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra), vén de lanzar unha campaña para un consumo responsábel de peixe e marisco coa presentación dunha sinxela guía de bolso na que as principais especies comerciais capturadas ou comercializadas en Europa aparecen clasificadas en tres […]

A crise global da pesca en Ecología Política

Posted by xoseveiras on Agosto 21st, 2007

A revista Ecología Política, referencia básica para o ecoloxismo social, iniciou a finais do ano pasado unha nova fase logo de 15 anos de andaina. Ao mesmo tempo que se renovou a revista impresa, creouse unha nova web onde é posíbel descargarmos o material de números atrasados.  O penúltimo número, o 32 (febreiro 2007),  tivo como tema prioritario a  crise […]