Archive for the 'Sustentabilidade' Category

Que podemos agardar do goberno de Feixóo?

Posted by xoseveiras on Abril 11th, 2009

Como acontece sempre que vai mudar un goberno, semella inevitábel falarmos de expectativas, tamén de expectactivas ambientais. Segundo o seu programa electoral, para o PPdG “o desenvolvemento sostible é unha prioridade estratéxica e inaprazable cara aos vindeiros anos”. Son moitos os sinais que apuntan en sentido contrario. Un deles é que  un dos dous representantes […]

Goberne quen goberne, gaña o produtivismo

Posted by xoseveiras on Marzo 23rd, 2009

O PP obtivo a maioría absoluta e gobernará na próxima lexislatura. PSOE e BNG non poderán reeditar o bipartito. Ao meu ver, unha vitoria inmerecida e unha derrota merecida.  O malestar de parte do eleitorado de esquerdas, moi descontento co balanzo do bipartito en materia ambiental e social, non parece ter sido determinante no estrepitoso […]

Decrecemento (socialmente) sustentábel como resposta á crise.

Posted by xoseveiras on Febreiro 17th, 2009

“A economía europea acelera a súa caída”, titulaba un xornal o sábado pasado. Unha mala noticia, porque o decrecemento económico traducirase en perdas inaceptábeis de benestar para moitos traballadores e traballadoras. Unha boa noticia, porque diminuirán as presións insustentábeis sobre o medio ambiente. Para conciliar economía e ecoloxía,  Joan Martínez Alier, catedrático de economía […]

Conformismo social e bancarrota do Estado

Posted by xoseveiras on Febreiro 6th, 2009

O economista José Manuel Naredo, autor de “Raíces económicas del deterioro ecológico y social”, escribe no blog do consello editorial do xornal Público, no artigo “Conformismo social y bancarrota del Estado”, que “o conformismo social xerado durante a longa etapa de auxe económico dificulta agora a emerxencia de alternativas e de reformas ao actual […]

SOS Amazonia

Posted by xoseveiras on Xaneiro 29th, 2009

 
A crise ambiental vai ser un asunto central nos debates da nova edición do Fórum Social Mundial (FSM)  que decorre até o un de febreiro na cidade brasileira de Belém e que se pode seguir a través da cobertura de Altermundo. O FSM ten lugar este ano Amazonia, un territorio estratéxico para toda […]

A metástase do poboamento disperso

Posted by xoseveiras on Xaneiro 24th, 2009

Albino Prada, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, abordou as causas, os custos e as consecuencias da dispersión territorial da poboación galega nun artigo publicado en dous números da “Revista Galega de Cultura” Grial. Na primeira parte,“Causas e custos da dispersión”, recollida no número 176, céntrase nas causas da dispersión. A partir […]

Os límites do capital son os límites da Terra

Posted by xoseveiras on Xaneiro 18th, 2009

O teólogo brasileiro Leonardo Boff, un dos teóricos da Teoloxía da Liberación, quéixase, nun artigo titulado “Os límites do capital são os limites da Terra”,  da secundarización ou o silenciamento do problema, cada vez máis grave, da deterioración ambiental global. Só preocupa a crise económico-financeira, “como se somente ela constituisse a realidade realmente existente”. Se o […]

Menos para vivir mellor

Posted by xoseveiras on Decembro 22nd, 2008

Ecologistas en Acción é, entre as principais organizacións ecoloxistas españolas, a que de forma máis clara e consecuente está a avogar polo decrecemento sustentábel. Unha idea moi difícil de defender, particularmente nun país como o noso, que aínda se ve como atrasado, que cre que é xusto continuar a aumentar o consumo de enerxía e […]

En que estamos fallando?

Posted by xoseveiras on Decembro 15th, 2008

“Por que o estamos facendo tan mal? Por que teñen en apariencia unha vixencia cada vez maior os valores proambientais, mentres que, sen dúbida, seguen prevalecendo as condutas antiecolóxicas? Por que tanto balbordo mediático e tan pouca acción efectiva? Por que non facemos o que sabemos que deberiamos facer para atallarmos a crise ecolóxico-social?” […]

Non é a crise financeira a única que nos debe preocupar. Hai outras crises mundiais, de enorme relevancia, sobre todo a longo prazo, que non deberían preocupar menos: caos climático; fin da era da enerxía barata e esgotamento dos recursos globais. As tres crises son aspectos diferentes dun problema único con causas comúns. Para achar […]