Archive for the 'Sustentabilidade' Category

A metáfora da tarta

Posted by xoseveiras on Agosto 1st, 2010

O blog da Rede de Economía Ecolóxica en España faise eco dun artigo de Pedro Puche no que, recorrendo á metáfora da tarta, formula catro grandes escenarios e modelos macroeconómicos: o capitalista, o da esquerda keynesiana ou marxista, o do decrecemento nos países enriquecidos e o claramente antisistémico, é dicir, anticapitalista. Este último, ao que […]

Pacto polo territorio e caos lexislativo

Posted by xanduro on Marzo 9th, 2010

Nas últimas semanas cada vez máis persoas asistimos estupefactos ao caos procedemental e lexislativo despregado pola actual administración galega en todo aquilo que teña que ver co territorio, coa súa (des)ordenación e coa xerarquización do corpus lexislativo e normativo nun asunto fundamental e de difícil volta atrás como é definir e regulamentar os usos, prohibicións […]

O crecemento non é posible

Posted by xoseveiras on Febreiro 9th, 2010

A visión dominante acha que o crecemento é inherente á economía, esquecendo que na natureza o crecemento acontece só até atinxir a madurez. Un hamster, por exemplo, duplica o seu peso cada semana entre o nacemento e a puberdade. Se medrase a este ritmo até cumprir o seu primeiro ano, chegaría a pesar nove mil […]

Crise económica, crise ecolóxica e “keynesianismo verde”

Posted by xoseveiras on Setembro 14th, 2009

Jordi Roca Jusmet, Catedrático do Departamento de Teoría Económica da Universitat de Barcelona, reflexiona no relatorio “Crisis económica, crisis ecológica y el resurgimiento del keynesianismo”, recollido en Mientras tanto-e, sobre as respostas perante a crise económica no contexto dunha “crise ecolóxica cunha dimensión diferente e de solución aínda máis difícil”. Asumindo a crítica á identificación entre […]

“A crise ambiental é o desafío central do século XXI”

Posted by xoseveiras on Xullo 8th, 2009

“Vivemos meio século de um crescimento exponencial da população global, e os impactos da tecnologia e do crescimento econômico no ambiente planetário estão colocando em risco o futuro da humanidade, assim como ela existe hoje. Este é o desafio central que enfrentamos no século 21. Vamos ter que abandonar a velha crença — imposta não […]

O escritor e xornalista francés Hervé Kempf, colaborador de “Le Monde”, autor de “Cómo los ricos destruyen el planeta”, di nunha entrevista ao xornal basco Gara que “a crise medioambiental necesita unha mudanza radical que o sistema económico actual non pode fomentar”. Unha clase dominante bloquea as reformas necesarias mediante a difusión polos medios de […]

Dez preguntas sobre o decrecemento

Posted by xoseveiras on Maio 22nd, 2009

Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, autor de  “En defensa del decrecimiento. Sobre capitalismo, crisis y barbarie”, formula e dá resposta, desde a web de Altermundo, a dez preguntas sobre o decrecemento. Nos países enriquecidos –en Galiza tamén- vivimos por riba das posibilidades ecolóxicas do planeta, polo que cómpre reducirmos […]

Un día será tarde de máis

Posted by xoseveiras on Maio 15th, 2009

No 2027 ou no 20..,  mais algún día será tarde de máis para evitarmos o colapso se continuamos a adiar a resposta necesaria perante a crise ambiental global.

A Axencia Europea de Medio Ambiente foi creada para avaliar o estado do ambiente e a incidencia sobre el das políticas públicas. Aínda que está ligada aos 32 estados membros que a constitúen, procura a independencia e o rigor nos seus informes, o que a obriga a dicir non poucas verdades incómodas. Algunhas persoas mesmo […]

Crise: ameaza ou oportunidade para o ambiente?

Posted by xoseveiras on Abril 24th, 2009

María Xosé Vázquez Rodríguez, profesora de Economía da Universidade de Vigo e membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra, reflexiona sobre a relación entre crise e medio ambiente nun artigo publicado no número 57 da revista Cerna (que a partir de agora se pode descargar gratuítamente en formato PDF). A crise económica […]