Archive for the 'Sustentabilidade' Category

José Manuel Naredo e Tomás R. Villasante (canta sabedoría xunta!), convencidos de que “a principal e primeira proposta” do 15-M debería ser esixir “boas prácticas políticas”, redactaron unha proposta de axiomas de participación a respectar por gobernos democráticos, baixo o título “¡No más atropellos!”.  Son cinco propostas, ilustradas con exemplos de actualidade,  que pasamos a […]

Reducir e relocalizar

Posted by xanduro on Xullo 26th, 2011

O mito do crecemento infinito nun planeta finito derrúbase no medio dunha crise non só económica senón tamén alimentaria, enerxética, ambiental e poboacional. A superación do pico do petróleo (no ano 2006, segundo a Axencia Internacional da Enerxía) presenta un escenario de constante aumento do prezo da enerxía. Acelérase o esgotamento dos recursos e materias […]

Xoán Ramón Doldán, profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC, participou na mesa redonda “Política económica máis alá da crise?”, celebrada no marco das xornadas “Novos camiños para a esquerda galega” (Santiago, setembro de 2010), achegando unha visión desde a economía ecolóxica, unha visión ben atinada pero desde logo ben minoritaria na esquerda galega […]

Dous anos de Goberno Feijóo

Posted by xoseveiras on Abril 25th, 2011

Non dispomos no país dun Observatorio da Sustentabilidade que nos proporcione unha avaliación completa, rigorosa e independente dos avanzos e recúos en materia de sustentabilidade ecolóxica, outra proba máis da falta de preocupación real polo maior desafío deste século que comeza. A pesar diso, non semella  atrevido afirmarmos que nos últimos anos  houbo unha certa […]

Proxecto Fénix

Posted by xoseveiras on Febreiro 23rd, 2011

En novembro de 2006, a Consellería de Medio Ambiente e a Sociedade Galega de Educación Ambiental asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proceso de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, denominado Proxecto Fénix. Despois do correspondente traballo de campo, elaboráronse os primeiros informes diagnósticos dos sectores e axentes máis […]

Economía, insustentabilidade, cegueira voluntaria, futuralxia

Posted by xoseveiras on Xaneiro 31st, 2011

Jorge Riechmann, profesor de Filosofía Moral na Universidade de Barcelona, autor, entre outros libros, de  “Biomímesis”, escribe no artigo “Economía, insostenibilidad, ceguera voluntaria, futuralgia”: “se ollamos a realidade de fronte, probabelmente habería que dicir: a sorte está botada”. Con case todo o mundo hoxe rendido a unha práctica económica que só ten en conta o […]

O Índice Planeta Feliz

Posted by xoseveiras on Outubro 21st, 2010

“The Happy Planet Index (HPI)”   é un indicador de sustentabilidade proposto pola new economics foundation (nef) que mede o que de verdade nos importa –a nosa felicidade- e o que lle importa ao planeta –cánto o explotamos-. Indaga sobre a eficiencia ecolóxica da procura do benestar humano.  Nic Marks, un dos autores da […]

Estamos en situación de déficit ecolóxico desde o 21 de agosto

Posted by xoseveiras on Outubro 1st, 2010

O blog da Asociación por unha Galiza sen Petróleo, Véspera de Nada, recollía o pasado 21 de agosto que ese mesmo día a Humanidade  tiña gastado todos os recursos que produce anualmente o planeta, segundo a estimación da New Economics Foundation e a Global Footprint Network. Xa que logo, desde o 21 de agosto, e […]

Decrecemento, crise, capitalismo

Posted by xoseveiras on Setembro 27th, 2010

Estaleiro Editora  publicou Decrescimento, crise, capitalismo, un novo libro de Carlos Taibo no que se recollen, de xeito parcial e revisados, traballos seus xa publicados en libros e revistas. Segundo a presentación da editora, “neste livro defende-se a necessidade de abrir uma nova frente de luta contra o capitalismo da mão da reivindicação de reduções […]