Archive for the 'Enerxía' Category

O Goberno bloquea a enerxía minieólica

Posted by xoseveiras on Outubro 20th, 2009

As empresas españolas do sector minieólico –aeroxeradores cunha potencia de 1 a 100 kw- demandan un marco regulatorio propio para expandir a xeración eléctrica a partir de miniturbinas eólicas. Segundo unha noticia do xornal Público, o Goberno bloquea a enerxía minieólica, o Ministerio de Industria non contempla ningunha mudanza na lexislación para promover a enerxía […]

O lobby nuclear tenta salvar Garoña

Posted by xoseveiras on Xuño 18th, 2009

Mentres Zapatero acaba de decidir se pecha ou non Garoña, opositores e partidarios da enerxía nuclear mobilízanse. O lobby nuclear esfórzase por salvar Garoña dun peche que podería sentar precedente. O ditame favorábel á prolongación da vida útil de Garoña promulgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN) pode verse como unha acción máis do lobby […]

O teito da extracción de petróleo desde Galiza

Posted by xoseveiras on Maio 25th, 2009

O teito do petróleo (“peak oil”) é unha das dúas caras da crise enerxética (a outra son as alteracións climáticas). Non se trata dunha teoría –como o cualificou o comisario de enerxía da UE, quen agora por fin parece telo entendido- senón dunha  realidade ineludíbel, que chegará máis cedo que tarde e para a que […]

O negocio eólico só deixou migallas no medio rural

Posted by xoseveiras on Maio 12th, 2009

Era ben sabido que  o “boom eólico” en Galiza beneficiou escasamente aos donos das terras nas que se construíron os parques eólicos. Mais agora podemos pór cifras a esta inxustiza grazas ao labor do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, segundo o cal  pouco máis do 1% da facturación […]

Situación enerxética galega no contexto europeo

Posted by xoseveiras on Febreiro 23rd, 2009

Entregados os premios aos peores lobbies na UE

Posted by xoseveiras on Decembro 24th, 2008

Veñen de se entregar os premios da edición de 2008 do “Worst EU Lobbying Awards”, organizado conxuntamente por Corporate Europe Observatory, Friends of the Earth Europe, LobbyControl e Spinwatch. O premio máis importante foi outorgado, por votación popular, a tres lobbies a prol dos agrocombustíbeis:  o Malaysian Palm Oil Council, a brasileira UNICA e a […]

Crise enerxética

Posted by xoseveiras on Agosto 30th, 2008

En Crise enerxética ou crise social?, un artigo publicado na revista Tempos Novos, Xoán Ramón Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC e ex-director do Instituto Enerxético de Galiza (INEGA) –cargo do que demitiu hai uns meses por razóns persoais, segundo el mesmo-, expón con claridade e desde unha perspectiva crítica as chaves da crise […]

A insustentabilidade do modelo eléctrico español

Posted by xoseveiras on Agosto 26th, 2008

Ladislao Martínez, membro da Área de Enerxía de Ecologistas en Acción, é unha das voces máis solventes do ecoloxismo español. Nunha breve entrevista con motivo da súa participación nos cursos de verán da Universitat Internacional de la Pau, salienta algúns rasgos do modelo eléctrico español: a ineficiencia, o elevado peso dos combustíbeis fóseis e da enerxía nuclear, […]

Ramón Fernández Durán, activista de Ecologistas en Acción, profesor da Universidade Carlos III e experto en temas europeos e de capitalismo global, hidrocarburos e urbanismo, entre outros ámbitos, publicou recentemente a investigación “El crepúsculo de la era trágica del petróleo”. Do contido desta publicación fala nunha entrevista para o número 3 do Boletín Ecos  de […]

Joaquim Sempere, profesor de Socioloxía ambiental na Universitat de Barcelona, nunha entrevista ao xornal La Vanguardia, di que, de non mudarmos o modelo enerxético e de sociedade, de non apostarmos pola suficiencia e a eficiencia, poderían ser posíbeis no futuro situacións do tipo da retratada no filme Mad Max. Na medida en que este tipo […]