Archive for the 'Enerxía' Category

Despois do petróleo, o final do carbón barato

Posted by xoseveiras on Xuño 7th, 2011

A confianza en que o carbón seguirá sendo abundante e barato durante as próximas décadas non semella moi fundamentada, segundo “The end of cheap coal”, un artigo publicado  na revista Nature. Os autores, Richard Heinberg e David Fridley, esgrimen dúas razóns para soster que os prezos do carbón van subir nos próximos anos: as reservas […]

Máis eólicas, pero non así

Posted by xoseveiras on Febreiro 28th, 2011

O 19 de novembro pasado, o conselleiro de Economía e Industria anunciaba a resolución do concurso eólico convocado pola actual Xunta despois de anular o resolto polo bipartito en decembro de 2008. No tempo que decorreu entre ambos concursos detívose o desenvolvemento eólico e desperdiciouse a oportunidade de reformular a política eólica baixo criterios ambiciosos […]

Vento en mans alleas

Posted by xoseveiras on Novembro 30th, 2010

Segundo unha nova publicada en Galicia Hoxe, “Vento en mans alleas“, o concurso eólico que vén de ser resolto pola Xunta non alterará o feito de a potencia eólica instalada en Galiza estar maioritariamente en mans de empresas foráneas. “Fronte á “galeguidade” das firmas beneficiadas defendida polo conselleiro Javier Guerra, o certo é que o […]

Hermann Scheer, defensor das renovábeis

Posted by xoseveiras on Novembro 16th, 2010

Son moitos os obstáculos que cómpre superar para logramos un modelo enerxético 100% renovábel. Sen dúbida, os maiores e máis difíceis son os mentais. Hermann Scheer, de cuxo facelemento repentino informa hoxe unha nota necrolóxica no xornal “El País” (hai un mes fíxoo outra nota publicada en La Vanguardia, escrita por Josep Puig), axudou a […]

Pacto enerxético entre PP, PSOE e BNG

Posted by xoseveiras on Novembro 15th, 2010

Pódese falar da existencia dun pacto enerxético non escrito, implícito, entre as forzas políticas parlamentarias, dun consenso sobre a estratexia enerxética. Tamén no que atinxe ao modelo enerxético, a ideoloxía produtivista que partillan exprésase en importantes elementos de coincidencia.  E máis o que os une que o que os separa. As disputas adoitan ser sobre […]

Nunha entrevista a propósito da situación das térmicas de carbón para o portal Diário Liberdade, Xoán Ramón Doldán, profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago e ex-director do Instituto Enerxético de Galiza (INEGA),  acha que na encrucillada enerxética na que estamos a nível mundial, “há já bastante tempo que deveríamos estar a […]

Non hai futuro no carbón

Posted by xoseveiras on Outubro 29th, 2010

Considerando tanto os impactos socioambientais a escala galega como os globais, non hai en Galicia industrias máis prexudiciais que as térmicas de carbón. Son as maiores responsábeis das nosas elevadas emisións por habitante de gases causantes do cambio climático, continúan sendo enormes focos de contaminación local,  usan de forma ineficiente un combustible fósil cuxa extracción […]

Enerxías limpas, negocios sucios

Posted by xoseveiras on Setembro 30th, 2010

Os debates sobre a cuestión enerxética en Galiza adoitan xirar arredor de cómo maximizar os beneficios socioeconómicos para o noso país da actividade dun sector transformador de enerxía maioritariamente en mans de transnacionais privadas de capital non galego e  demasiado orientado. cara ao exterior.  A miúdo, as propostas en discusión só tratan de ampliar a […]

Que primeiromundista!

Posted by xoseveiras on Xuño 22nd, 2010

Cando unha empresa provoca unha catástrofe ecolóxica, ou cando un espazo rico en biodiversidade é brutalmente agredido, tendemos a cualificar o acontecido como “terceiromundista”, como algo propio dun país “atrasado”, inculto, corrupto, sen autoestima polo propio. É ben sabido que o “primeiro mundo” é outra cousa.  Mima o seu patrimonio natural máis valioso, gobérnase con […]