Archive for the 'Mudanza climática' Category

Eucaliptais contra o cambio climático?

Posted by xoseveiras on Outubro 8th, 2011

Xa o dixo Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no Parlamento: “o bosque galego é a principal ferramenta para a loita contra o cambio climático”. Onde pon bosque galego debemos ler plantacións forestais de especies de crecemento rápido, nomeadamente de eucaliptos. O Programa Marco de Acción contra o Cambio Climático 2010-2020 que […]

En poucas sociedades dos países chamados desenvolvidos teñen lugar mobilizacións de certo peso motivadas pola loita contra o cambio climático. Malia seren os responsábeis do maior problema socioambiental global, os gobernos destes países fan menos ou moito menos do que deberían e poderían e a crúa realidade é que, na maior parte deses países, a […]

Ecosocialismo e cambio climático

Posted by xoseveiras on Novembro 3rd, 2010

No marco da primeira Universidade de Verán de Izquierda Anticapitalista, Ladislao Martínez, activista ecoloxista de longa traxectoria e bo coñecedor da cuestión enerxética, membro de IA, abordou o problema da mudanza climática desde unha perspectiva ecosocialista. Comezou salientando tres facetas do cambio climático que o distinguen doutros problemas ambientais: “está estreitamente vencellado ao modelo económico”, […]

Non hai futuro no carbón

Posted by xoseveiras on Outubro 29th, 2010

Considerando tanto os impactos socioambientais a escala galega como os globais, non hai en Galicia industrias máis prexudiciais que as térmicas de carbón. Son as maiores responsábeis das nosas elevadas emisións por habitante de gases causantes do cambio climático, continúan sendo enormes focos de contaminación local,  usan de forma ineficiente un combustible fósil cuxa extracción […]

Amigos do carbón, inimigos do clima

Posted by xoseveiras on Setembro 13th, 2010

Sepultada pola crise económica, a crise climática preocupa pouco e ocupa menos aínda, mais segue aí, ameazando o presente e, sobre todo,  o porvir.Certamente, a crise económica está a deter o avanzo cara a unha mudanza climática catastrófica,  provocando unha diminución das emisións mundiais de dióxido de carbono (CO2) debidas aos combustíbeis fósiles, que parecen […]

En finais de abril pasado, asistín en Lisboa a unha conferencia do presidente do Grupo de Expertos da ONU sobre Mudanza Climática (IPCC polas siglas en inglés), organizada polo Programa Ambiente da Fundação Calouste Gulbenkian. Centro da atención e dos ataques dos que pretenden desprestixiar  o IPCC para restar relevancia ao maior problema socioambiental global […]

Despois de Copenhague: Como podemos salvar o mundo?

Posted by xoseveiras on Abril 19th, 2010

Mais, ao ver de Ian Angus, non todo foi negativo en Copenhague. Durante o cumio ficou en evidencia que un movemento democrático de masas contra a mudanza climático comezou a construírse. O próximo paso decisivo na construción dese movemento vaise dar en Cochabamba (Bolivia), onde decorrerá entre o 20 e o 22 de abril […]

Por que fracasan os cumios do clima?

Posted by xoseveiras on Abril 6th, 2010

Os gobernos comprometéronse hai dous anos a atinxir un acordo no Cumio do Clima de Copenhague que substituíse ou dese continuidade ao Protocolo de Quioto a partir de 2013.  Porén, os países enriquecidos, cos EUA á cabeza, negáronse a asumir a súa débeda climática cos países empobrecidos e o inicio do combate decidido á mudanza […]

A mudanza climática é unha innegábel realidade cada vez máis patente, cuxos efectos están comezando a  sentirse en todo o planeta. Non sempre se ten presente, como si indican os datos, que no centro do escenario está o sistema agroalimentario. A publicación “Cocinando el planeta. Hechos, cifras y propuestas sobre cambio climático y sistema alimentario […]

Acordo de Copenhague: nin ambicioso, nin xusto, nin vinculante

Posted by xoseveiras on Xaneiro 10th, 2010

Non era preciso xuntar a 122 Xefes de Estado e de Goberno nunha conferencia das Nacións Unidas  para lograr un acordo tan ridículo como o de Copenhague. Abondaba con que os “elixidos”, con EUA á cabeza, organizasen unha xuntanza e envíasen o acordo ao resto por correo electrónico para que o aceptasen ou o rexeitasen.  […]