Archive for the 'Ecoloxismo' Category

Que futuro? Eleicións, crises e o papel da cidadanía

Posted by xosemariagv on Febreiro 7th, 2009

25 de Xullo de 2008 o diario El País publicou unhas páxinas centrais na súa edición de Galiza tituladas “Unha ollada no horizonte”. Varias reportaxes, unha entrevista, artigos (entre eles un de cada dirixente das tres forzas políticas con representación parlamentar en Galiza) e dúas páxinas con pequenas aportacións de 15 persoas agrupadas baixo […]

O ecoloxismo e o sindicalismo como loitas integradas

Posted by xoseveiras on Outubro 24th, 2008

Hai diversos tipos de ecoloxismo, como tamén hai de sindicalismo. Entre un ecoloxismo social e un sindicalismo con visión de futuro, a converxencia permanente a prol de sociedades que combinen a sustentabilidade ecolóxica coa xustiza (entre persoas, entre territorios e entre as xeracións actuais e as futuras) debería ser o habitual. Como afirma Jorge Riechmann, […]

Morreu Antonio Estevan

Posted by xoseveiras on Setembro 19th, 2008

Antonio Estevan, unha das mentes máis lúcidas do ecoloxismo español, morreu hoxe. Enxeñeiro industrial, militante ecoloxista vencellado a Ecologistas en Acción, consultor independente, socio fundador do Grupo Estudios e Iniciativas (GEA 21), nos últimos anos dedicouse especialmente a promover unha mudanza da política de augas, como membro destacado da Fundación Nova Cultura da Auga (FNCA […]

O ecofeminismo de Vandana Shiva

Posted by xoseveiras on Xullo 16th, 2008

Moi pouco se escribe en Galiza sobre pensamento ecoloxista. Así que é obrigado facérmonos eco do libro de Anna Cervera i Iglesias, doutora en Filosofía, sobre a ecofeminista Vandana Shiva. “Outro mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana Shiva” (Baía Edicións, 2007) achéganos, cun enfoque divulgador, as chaves do pensamento e a acción desta muller […]

Herdanza e futuro do ecoloxismo

Posted by xoseveiras on Abril 25th, 2008

O número 100 da revista “Mientras Tanto” incluiu un interesante “esbozo de debate” sobre o ecoloxismo, a partir dun texto de Joaquim Sempere, un dos membros do consello de redacción da revista, titulado “Cal é a herdanza e cal é o futuro do ecoloxismo?”. Participaron no debate, con comentarios suxeridos por este texto inicial, Ladislao […]