Archive for the 'Transporte' Category

Malos fumes nas cidades

Posted by xoseveiras on Setembro 19th, 2008

O lema da Semana Europea da Mobilidade deste ano é “Aire limpo para todos”. Contrariamente ao que poida parecer, hai motivos para nos preocuparmos pola calidade do aire nas cidades galegas. Unha parte considerábel da poboación que vive nelas está exposta a níveis de contaminación atmosférica nocivos para a súa saúde, que afectan sobre todo […]

Diminúe o consumo de gasolina e gasóleo en España

Posted by xoseveiras on Setembro 9th, 2008

O consumo de gasolina e gasóleo en España diminuiu máis dun 10% en xuño pasado sobre o mesmo mes do ano anterior. Nos seis primeiros meses deste ano o descenso foi do 6,2% no caso da gasolina e do 2,6% no caso do gasóleo. O que non conseguiron ”catástrofes pedagóxicas” como a marea negra do […]

Medidas anti-crise para afondar na crise

Posted by xoseveiras on Agosto 18th, 2008

O Goberno estatal decidiu acelerar a execución de obras públicas, fundamentalmente do Plano Estratéxico de Infraestruturas e Transporte (PEIT).  Para iso entendeu que había que “axilizar” a formulación de declaracións de impacto ambiental: por outras palabras, garantir que as obras públicas que disque nos van afastar da tan temida recesión non se verán ameazadas por […]

AVE? Non!

Posted by xanduro on Xullo 29th, 2008

Galiza conta na actualidade cunha rede de camiños de ferro construída e deseñada entre 1870 e 1962, rede absolutamente obsoleta que esmorece pouco a pouco tras unha xestión consciente e prolongadamente ineficaz, baseada na deterioración de liñas, na obsolescencia do material rodado,  e o peche de liñas coa escusa da falta de usuarios. Será o […]

O automóbil, rei e señor

Posted by xoseveiras on Marzo 20th, 2008

“Líneas discontinuas” é un interesante vídeo documental da confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción sobre a insustentabilidade do noso modelo de transporte,  principalmente baseado no automóbil. O transporte é hoxe o “núcleo duro” da crise ambiental, sendo unha causa principal de moitos dos maiores problemas ambientais, desde o cambio climático global até a destrución de […]

Máis estradas, máis tráfico, máis insustentabilidade

Posted by xoseveiras on Febreiro 7th, 2008

Ollando cara ao 9-M, as forzas políticas compiten por se presentar perante o electorado como as mellores garantes de que Galiza terá, máis cedo que tarde, as infraestruturas  de transporte por estrada das que “precisa” para cubrir o seu “déficit de infraestruturas”. É éste un déficit que, por máis e máis quilómetros de estradas que […]

Nun país onde o culto ás infraestruturas de transporte é case unánime, esta noticia pode parecer irreal. Mais non o é. Os catro principais candidatos á alcaldía de Londres opóñense ao proxecto do Goberno do Reino Unido para ampliar o aeroporto de Heathrow. Ken Livingstone (o actual alcalde, laborista), Sian Berry (verde), Boris Johnson (conservador) […]

Alta velocidade ferroviaria: o debate inexistente

Posted by xoseveiras on Xaneiro 15th, 2008

O calendario da chegada da alta velocidade a Galicia, as recentes inauguracións de novos treitos de AVE en Castela e Andalucía, os problemas asociados ás obras do AVE en Barcelona,… Moito se ten falado ultimamente da alta velocidade, entendida aquí como aquela que permite aos trens circularen até a 300 Km/h, caso da futura liña Ourense-Santiago, […]