Archive for the 'Transporte' Category

A verbena hispana

Posted by xoseveiras on Xuño 21st, 2011

É ben raro que a  opinión publicada nos  xornais de maior audiencia cuestione abertamente grandes proxectos de infraestruturas de transporte, sempre “estratéxicos”, “irrenunciábeis”, “vertebradores” e “impulsores do desenvolvemento”. Así que chama a atención ler un artigo como “A verbena hispana”, asinado por Xosé Manuel Sarille en “El Correo Gallego”. Aos que vexan “terceiromundistas” as estradas […]

Por que hai liñas de ferrocarril deficitarias en Galiza?

Posted by xoseveiras on Xullo 15th, 2010

O Ministerio de Fomento ven de anunciar o peche de liñas deficitarias de ferrocarril en todo estado entre as que, segundo novas recollidas na prensa, inclúe arredor de 30 no noso país. Mais cumpriría pedirlle un intre de reflexión a José Blanco, na súa dobre condición de ministro do ramo e de galego ao respecto […]

O luxo de voar

Posted by xoseveiras on Xuño 1st, 2010

Joaquim Sempere, Profesor de Teoría Sociolóxica e Socioloxía Ambiental da Universidade de Barcelona, lembra nun artigo publicado no xornal Público, “Aviación y volcanes”, que voar en avión, o modo de transporte enerxeticamente máis ineficiente, é “un luxo ambientalmente moi caro” cuxos custos socioambientais –en particular, en termos de mudanza climática- hoxe están lonxe de se […]

Hai xa uns cantos anos, asistín a unha conferencia de Alfonso Sanz, co-autor do imprescindíbel “Hacia la reconversión ecológica del transporte en España”, na que se amosou pesimista sobre as tendencias futuras do transporte, agás no que se refería ao transporte urbano. Daquela agardaba que, como resultado da aplicación da normativa da UE sobre calidade […]

Máis cemento, que é a crise

Posted by xoseveiras on Xuño 9th, 2009

Desde o consello editorial do xornal Público, o economista ecolóxico José Manuel Naredo critica, en “Más cemento, que es la crisis”, que o Goberno central recorra a máis cemento para combater a crise económica, “acelerando” o insustentábel PEIT, “que se revela cada vez máis sobredimensionado e impropio da presente fase de declive”. E asocia este […]

A doenza do transporte

Posted by xoseveiras on Marzo 20th, 2009

Citando ao ecólogo Ramón Margalef, quen escribiu que “o que chamamos contaminación consiste, xeralmente, nunha enfermidade do transporte dos ecosistemas”,  Antonio Estevan cualificou o transporte, nun texto titulado “La enfermedad del transporte”, como “a grande doenza dos ecosistemas na nosa época”. “A Natureza e o transporte horizontal masivo son inimigos por natureza”. O que predomina […]

A última sesión do Foro permanente da Sustentabilidade do Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE) tivo como tema o transporte e o  futuro do automóbil e o coche eléctrico. Participaron no painel Ángel Aparicio, director xeral do Cedex; Ángel Aghili, presidente e fundador de AVELE; Francisco Segura, coordenador da Área de Transportes de Ecologistas en […]

O asfalto non é progreso

Posted by xoseveiras on Decembro 6th, 2008

O Plano de infraestruturas de transporte para a área de Vigo, Vigo Integra, está a suscitar un certo rexeitamento social, que seguramente irá a máis a medida que máis e máis afectados e afectadas se decaten de como empeorará as súas vidas. Un Plano desmesurado  froito do culto ao asfalto e do ecoloxismo […]

Infraestruturas de transporte e prioridades sociais

Posted by xoseveiras on Novembro 6th, 2008

Ben Magec-Ecologistas en Acción organizou un referendo simbólico en Tenerife para que a xente puidese escoller entre investir nun porto innecesario e altamente impactante como o de Granadilla ou na mellora da educación e a sanidade. En Canarias xerouse unha forte oposición social ao porto de Granadillas. Infelizmente, por aquí case ninguén cuestionou os portos […]