Archive for the 'Biodiversidade' Category

Biodiversidade: en situación terminal

Posted by xoseveiras on Outubro 8th, 2010

O 2010 foi declarado ano da Biodiversidade. Apenas se nota entre nós. Os indicadores científicos conclúen que boa parte do que a natureza nos regalou está en perigo. Os autores dos informes últimos e os analistas críticos reclaman medidas urxentes contra o deterioro. Tempos Novos abriulles as súas páxinas no número de agosto.
(Tirado de Tempos […]

A mellor homenaxe a Uxío Novoneyra

Posted by xoseveiras on Maio 18th, 2010

No Día das Letras, dedicado este ano a Uxío Novoneyra, non tería habido mellor homenaxe ao poeta do Courel que a de garantir a conservación do patrimonio natural e cultural do territorio protagonista de “Os eidos”. É o que propuxo Javier Guitián, catedrático de Botánica da Universidade de Santiago e promotor da Estación Biolóxica do […]

A biodiversidade é a vida, a biodiversidade é a nosa vida

Posted by xoseveiras on Xaneiro 13th, 2010

O ano 2010 foi declarado polas Nacións Unidas coma Ano Internacional da Diversidade Biolóxica.  “A biodiversidade é a vida, a biodiversidade é a nosa vida” é o lema escollido. A confederación estatal  Ecologistas en Acción vén de presentar un blog  específico sobre todo o relacionado coa biodiversidade que recollerá información e facilitará a participación desde […]

Vídeo sobre a serra do Suído

Posted by xoseveiras on Novembro 10th, 2009

Pequeno vídeo realizado para a presentación da revista sobre a serra do Suído editada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Asemblea do Suído  (e que se pode baixar aquí).

Suído from Fernando Lema on Vimeo.

A Serra do Suído, no sur da Dorsal Galega

Posted by xoseveiras on Setembro 2nd, 2009

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) editou unha publicación para divulgar a riqueza natural e cultural da serra do Suído, no sur da Dorsal Galega, a cadea montañosa que se estende desde Ortegal até o río Miño, dividindo de norte a sur do país. Unha serra tan descoñecida coma ameazada que debe ser considerada como un […]

A Xunta adía a ampliación da Rede Natura 2000

Posted by xoseveiras on Novembro 10th, 2008

Tantas veces anunciada como adiada.  De acordo cunha noticia publicada na edición galega de El Pais, La Xunta retrasa ampliar zonas protegidas para suavizar restricciones” , semella improbábel que a Consellaría de Medio Ambiente amplíe a Rede Natura 2000 antes do remate da actual lexislatura. Esta medida podería ser unha boa ferramenta para que o […]

A agonía das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro

Posted by xoseveiras on Setembro 14th, 2008

“As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro” é un documental de algo máis de media hora sobre os destacados valores e o lamentábel estado de conservación da que aínda é unha das tres zonas húmidas interiores máis valiosas da nosa terra. En 1999, a Consellaría de Medio Ambiente incluiu 959 hectáreas deste espazo natural, situado entre […]

Polémica de papel

Posted by xoseveiras on Agosto 12th, 2008

Hai algunhas semanas, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez (PSOE), sacou o seu lado máis “reivindicativo” para demandar publicamente ao de Industria, Fernando Blanco (BNG), que favoreza o repontenciamento dos parques eólicos existentes face á construción de novos parques. Tamén propuxo gravar os parques eólicos para compensar a poboación dos espazos naturais onde non […]

Descontrol na minería en Galiza

Posted by xoseveiras on Xuño 11th, 2008

A Xunta non sabe con exactitude nin cantas canteiras hai, nin cantas teñen plano de restauración, nin cantas contan con fianza ambiental, nin cantas abandonaron a actividade sen cumpriren as súas obrigas. Un informe do Valedor do Pobo culpa ás Consellerías de Política Territorial, de Innovación e Industria e de Medio Ambiente do descontrol das […]

O Courel en “El escarabajo verde” da 2

Posted by xoseveiras on Abril 17th, 2008

“O Courel, la joya de la biodiversidad gallega” é o título dunha reportaxe sobre o impacto das canteiras na serra do Courel emitido  en “El Escarabajo Verde”, reportaxe que se pode ver na web deste programa da 2. Un vídeo recomendado por SOS Courel, que fai algunhas aclaracións a propósito das declaracións do conselleiro de […]