Inicio arrow Verdegaia-Pontevedra arrow Crónica do roteiro "En memoria do lobo"  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Crónica do roteiro "En memoria do lobo" PDF Imprimir Correo-e
Monday, 21 de December do 2009

roteiro_do_lobo_brais_palms.jpgCase 40 persoas asistiron este domingo ao roteiro "en memoria do lobo" no concello de Cotobade, organizado polo núcleo comarcal de Pontevedra dentro do programa "Vai de Roteiros!". As partes anegadas pola auga e o xeo no sendeiro non impediron aos asistentes de variada idade percorrer o camiño de 10'6 km de lonxitude, durante o cal se observaron rastros de lobo, se diferenciou o canto de varias aves comúns (páridos, carrizos, gabeadores, etc.) e incluso se disfrutou cunha observación de becada.

roteiro_do_lobo_brais_palms_12.jpg

En canto á botánica, desfrutouse das arandaneiras, dos acivros, e do bosque caducifolio formado por carballos, ameneiros, salgueiros e bidueiros.

roteiro_do_lobo_brais_palms_4.jpg

Despois de toparnos con varios elementos arquitectónicos como muíños, preciosas pontes romanas e rodeiras antigas de carros, o cumio foi fotografarnos dentro do foxo do lobo, unha estrutura cinexética que se usaba antano para erradicar lobos e diversas especies consideradas alimañas.

A xornada rematou despois da rota cun relatorio sobre "O lobo, unha especie emblemática", dentro da casa do pobo en Rebordelo ,coa colaboración das asociacións Cañon de Pau e ASCEL.

roteiro_do_lobo_brais_palms_5.jpg

roteiro_do_lobo_brais_palms_9.jpg

 

 

 

 

 

 

O programa Vai de Roteiros voltará en 2010 cunha rota polo río Arnoia. 

roteiro_do_lobo_brais_palms_6.jpg

 
Verdegaia Pontevedra
Novas do Núcleo
Comisión Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top