Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
incineracion
Peden á FAO unha investigación sobre a pesca en Somalia PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 03 de December do 2009

alakrana.jpgA confederación estatal Ecologistas en Acción solicitou unha investigación á Comisión Suroccidental da FAO, para que se analisen os motivos dos actos de piratería realizados sobre a frota pesqueira estranxeira. A piratería somalí é moi probable que teña orixe na sobreexplotación dos seus recursos, o cal non xustifica as súas actuacións criminais, así como na continua situación de inestabilidade política que sofre o país, na que tanto Occidente como os Señores da Guerra, xogan un papel de grande relevancia.

Se se analisan os datos, obsérvase que en 1990, antes da caída do réxime de Siad Barre, a pesca en Somalia achegaba o 2% do Produto Interior Bruto nacional e a agricultura un 50% (FAO, 2008). Alén diso, segundo o Grupo de Supervisión para Somalia (GSS) da ONU, a pesca era unha das fontes principais de ingresos, xerando arredor de 20 millóns de dólares anuais, unhas 300.000 toneladas de peixe e 10.000 toneladas de marisco, incluídos atún, tabeirón, langosta e camarón, que teñen fácil exportación (ONU, 2005).

Ademais, o GSS xa alertou no ano 2007, que existía unha continuada sobreexplotación dos recursos pesqueiros da Zona Económica Exclusiva (ZEE), que corresponde ao Estado somalí, por parte de navieiras pesqueiras internacionais.

Neste mesmo sentido, a propia Comisión Europea estima nun informe emitido no ano 2007, que máis do 50% do total das capturas en Somalia, Liberia e Guinea Conakry son practicadas de xeito ilegal.

Por todo iso, Ecologistas en Acción acha que o problema da piratería en Somalia, é, tamén, un problema de Soberanía Alimentar, Débeda Ecolóxica e Solidariedade entre pobos. Por este motivo, a organización ecoloxista emitiu unha carta solicitando un estudo independente á Comisión Suroccidental para as Pesqueiras do Oceano Índico (SWIOFC, siglas en inglés) da FAO, que analise a orixe, situación actual socioeconómica, unha avaliación xeral dos ecosistemas e caladoiros da zona, así como o impacto da frota estranxeira.

Asemade, Ecologistas en Acción insta á Unión Europea a que realice unha profunda análise das zonas de pesca dos mares de Europa, aproveitando a actual revisión da Política Común de Pesca (PCP), que culminará no ano 2012, a fin de que reestruture a súa frota, co principal obxectivo de acabar co desbaldimento dos recursos mariños, a situación de sobrepesca que sufren a maior parte das especies mariñas de interese pesqueiro e  a perda de biodiversidade á que foron sometidos os seus caladoiros, tal e como recoñece o Libro Verde da Reforma da Política Común de Pesca. Todo iso, coa finalidade de que abandone paulatinamente a súa presenza masiva a través da pesca industrial na maioría de caladoiros de todo o mundo.

Desde Ecologistas en Acción, advírtese á Comisión Europea e ao Goberno español, que a única forma de garantir a subsistencia da industria pesqueira europea é apostando por unha industria de estrutura familiar, cooperativista, de coñecemento ecolóxico sobre os ecosistemas, hábitats e poboacións que desenvolven a súa actividade.

Para a organización ecoloxista, neste momento no que chegamos á maior poboación con fame no mundo, a soprepesca dos países do Norte nos bancos pesqueiros dos países do Sur, resulta un acto de inxustiza e inmoralidade que debe pararse inmediatamente.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top