O edificio de salvamento e escola de surf previsto en Doniños afecta a hábitats e especies protexida
Saturday, 21 de November do 2009
Verdegaia
rexeita o edificio de salvamento e escola de surf previsto nas dunas de Doniños
por afectar a hábitats e especies protexidos. Considera, ademáis, que as medidas
previstas tanto para "integrar" o edificio na contorna natural como
para rexenerar o sistema dunar carecen do máis mínimo rigor, estando abocadas
ao fracaso.
Verdegaia
informa que ven de apresentar alegacións ao Estudo de Impacto
Ambiental do proxecto de "Rexeneración, Restauración Dunar e
Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)",
promovido pola Demarcación de Costas en Galicia a instancias do
Concello de Ferrol.
Nas
alegacións, Verdegaia rexeita o proxecto nos seus actuais termos
porque, tanto o emprazamento previsto para o edificio de salvamento e
escola municipal de surf como a rexeneración dunar
proxectados, resultan inaxeitados desde o ponto de vista ambiental,
ao vérense directamente afectados diversos hábitats naturais e
especies de interese comunitario, legalmente protexidos, presentes no
espazo dunar afectado polo proxecto. Entre as especies botánicas de
relevancia, cabe destacar os endemismos Omphalodes littoralis
subsp. gallaecica e Linaria
poligalifolia susp. aguillonensis,
catalogadas en perigo de extinción (Decreto 88/2007, de 19 de abril,
polo que se regula o Catálogo galego de Especies Ameazadas). De
feito, no apartado 2.1.6.3.3. do Estudo de Impacto Ambiental (en
diante E.I.A.), recoñécese que "(...) también
se ha constatado su presencia en la zona donde se proyecta la
construcción de las instalaciones, incluida en la unidad
paisajística denominada ambiente dunar alterado".
Por
outra banda, débese considerar ademáis que o edificio proxectado
sobre o espazo dunar de Doniños, destinado a salvamento e escola
municipal de surf , é unha instalación auxiliar para
vestiarios, oficina e armacén que non ten porqué situarse
necesariamente nun lugar onde se teña que divisar a beiramar, como
se afirma no proxecto, dado que o persoal de salvamento debe
percorrer a praia ou vixiar desde as cadeiras de observación
instaladas ao longo da mesma, quedando garantizado de forma efectiva
o servizo de vixiancia. Co pretexto de ter que situar o devandito
edificio nun lugar desde o que se poda divisar a beiramar, o que
realmente se persegue é dispoñer dunha tribuna para presidir as
competicións de surf e outras actividades náuticas; o que
resulta inadmisibel cando elo conleva a degradación e/ou destrución
de hábitats naturais e de especies legalmente protexidos que
motivaron a inclusión deste espazo dunar na Rede Natura 2000.
Despois
de que a Demarcación de Costas en Galicia, procedese á demolición
de varias edificacións no sistema dunar de Doniños polo seu impacto
ambiental e por vulnerar a legalidade, resulta incongruente que agora
promova no mesmo espazo (independentemente de que se efectue fora do
Dominio Público Marítimo-Terrestre) a construción dunha nova
edificación que, ademáis de degradar e/ou eliminar hábitats
naturais e especies legalmente protexidos, perpetuaría a
antropización deste ecosistema. De feito, no apartado 3.4.1.3. do
E.I.A., recoñécese que "La ubicación de la edificación
proyectada, en un sector de dunas remontantes (...) supone una
alteración de la morfología dunar y su dinámica sedimentaria,
patente ya en la fase de obras (...)".
Ademáis,
a suposta integración do edificio no espazo dunar semella
estar abocada ao fracaso, tal e como se pon de manifesto no apartado
5.3. do Estudo Florístico do E.I.A., no que se afírma que "El
problema principal está en el recubrimiento de la parte superior del
edificio, supuestamente con vegetación del entorno. Las condiciones
físicas del terreno con suelos arenosos hacen imposible la fijación
de este material (...). El uso de Floradrain (...) es válido para
unas determinadas especies, que no coinciden con las especies
dunares. Otro problema de la construcción es su orientación y
forma, se encuentra formando unha barrera contra los vientos
dominantes que evitan el remonte de la arena provocando probablemente
acumulaciones sobre el edificio, que serán más evidentes en
invierno (...)".
Mais
fracaso semella resultar todavía a pretensión de facer xermolar
sementes do endemismo botánito denominado Omphalodes
littoralis, catalogado en perigo de
extinción, sobre a cuberta do devandito edificio co obxecto de
"conservar" esta especie. De feito, no apartado 5 do E.I.A.
(páxina 111), recoñécese que "Esta
opción resulta a priori innovadora, ya que no se han encontrado
experiencias similares para conservación de especies anuales. (...)
desde el punto de vista técnico, cuenta con ciertas dificultades: -
El substrato arenoso hace delicadas las operaciones de decapado y
conservación de la muestra (...). - Esta técnica de manejo supone
(...) un cierto riesgo de introducción de especies invasoras. - No
existen experiencias previas que garanticen el éxito de la medida".
En
canto á "restauración" dunar prevista, todo parece
indicar que non se vai facer distinción algunha entre a duna móvil
e a duna fixa, nen tampouco ter en conta a disposición natural dos
diferentes hábitats e comunidades botánicas presentes (ou o que
quede deles, de levarse a cabo o proxecto nos seus actuais termos),
procedéndose á sustitución dos hábitats e especies orixinais do
ámbito afectado polas obras pola especie Ammophila
arenaria; máis propia de dunas
móviles.
Nas
alegacións, tamén lembramos que todavía falta por derrubar o
establecemento hosteleiro denominado "O
Alpendre", situado nas
inmediacións do aparcadoiro.
Segundo
se desprende do plano nº 10 do E.I.A., titulado "fauna",
as infraestruturas proxectadas localizaríanse nunha área
considerada como relevante para a avifauna, ademáis de ser unha zona
de paso desta. No apartado 3.4.1.9. do E.I.A.
recoñécese que "La fauna
sufrirá el impacto asociado a la construcción de las instalaciones
proyectadas (...) de forma directa sobre la avifauna (...) e
indirectamente por la modificación de hábitats y biotopos".
A instalación dun cercado perimetral durante a fase de execución
das obras ou o cese das mesmas durante o periodo de nidificación das
especies, como medida correctora, non resolverían o problema, dado
que unha vez postas en funcionamento as instalacións o impacto sería
permanente pola presencia humana tanto no edificio como nas pasarelas
peonís proxectados.
Pese
a que no E.I.A. se recoñece o impacto negativo das obras sobre os
hábitats naturais e a flora e fauna legalmente protexidas,
dubidándose incluso a viabilidade das medidas correctoras propostas
no mesmo atrévense, non obstante, a valorar o impacto do proxecto
como compatibel; o que resulta carente de todo rigor e obxectividade.
O feito de existiren na zona dunar afectada hábitats naturais de
interese comunitario e especies endémicas en perigo de extinción xa
debería ser motivo máis que suficiente para descartar a execución
do proxecto nese lugar.