Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
transforma
"Decrecemento: consumir menos para vivir mellor", conferencia de Carlos Taibo en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Monday, 02 de November do 2009

Carlos Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid e autor dunha veintena de libros sobre o capitalismo, a economía e o decrecemento, falará sobre o decrecemento o vindeiro xoves, 5 de novembro ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca, nun acto organizado por Verdegaia-Compostela.

Pouco despois de que a crise económica interrompera abruptamente nas nosas vidas aló polo ano 2008, moitas foron as voces que pediron unha fonda reflexión sobre o sistema financeiro imperante e as súas normas. Porén, semella que na actualidade estas cuestións están a quedar diluídas no falso restablecemento dalgúns dos indicadores económicos...

Mais, nesta voráxine de cifras e índices macroeconómicos, cómpre destacar que están a quedar nun segundo plano fenómenos tan delicados coma o cambio climático, o encarecemento das materias primas, a sobreexplotación dos recursos enerxéticos, a ampliación da pegada ecolóxica e outros moitos aspectos que afectan  directamente á nosa forma de vida e incluso á nosa supervivencia.

Neste contexto, Carlos Taibo, profesor de Ciencias Políticas na Universidade Autónoma de Madrid cunha ampla traxectoria na identificación dos "efectos secundarios" da globalización capitalista, vén de publicar o libro "En defensa del decrecimiento" (Los Libros de la Catarata, Madrid, 2009). O crecemento económico non xera -ou non xera necesariamente- cohesión social, provoca agresións ao medio ambiente en moitos casos irreversíbeis, facilita o esgotamento de recursos e, en fin, permite o triunfo dun modelo de vida escravo que convida perversamente a pensar que seremos máis felices canto máis traballemos e canto máis consumamos. 

Fronte a adourada entelequia dun crecemento económico constante -algo tan imposible coma destrutivo-, Carlos Taibo propón reivindicar o concepto de decrecemento coma unha forma de contestar ao capitalismo na súa dobre dimensión de explotación e inxustiza, por un lado, e de agresións contra o medio natural, polo outro. Os países ricos deben reducir o seu consumo porque vivimos por riba das nosas posibilidades, porque é inxusto coa meirande parte da poboación mundial, porque é urxente cortar as emisións contaminantes e porque comezan a faltar materias primas vitais.

Como asociación ecoloxista que loita pola transformación social en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, dende Verdegaia queremos contribuír á divulgación e á promoción do concepto do Decrecemento con actividades coma esta, enmarcadas no programa Consomes ou Devoras?.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top