|
Verdegaia e a Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico (ASCEL) solicitan á Consellería do Medio Rural unha maior vixianza e un exhaustivo seguemento da actividade cinexética ante o comezo da nova tempada de caza. Actualmente,
a Consellería dispón de menos dun axente por cada 55 cazadores e
5.300 hectáreas, sen restar os axentes que disfrutan das vacacións
tras a campaña de incendios. Verdegaia e ASCEL consideran que esta
relación é insuficiente. Ademais, a administración apenas persegue
o furtivismo e moitos dos casos existentes quedan arquivados sen
depurar responsabilidades.
O
escaso seguimento nos controis de alcolemia, do control dos
microchips e do trato dos cans de caza son outros puntos que critican as dúas asociacións. Ademais, o feito que se poida vender
a caza, dota a esta actividade dun interese lucrativo que pode
contribuír a aumentar o furtivismo.
En
moitos coutos (Tecores) xéstionase esta actividade con coñecementos
insuficientes, tras soamente dúas asembleas ó ano, con escasa ou
nula participación dos socios nas mesmas e nas que o único labor
que se realiza é repoboar masivamente o monte con individuos de
xenética dubidosa (ademais de especies alóctonas como os faisáns)
e sen realizar melloras do hábitat previas.
Os
plans de ordenación cinexética son de dubidosa rigorosidade e os
censos realizados en cada Tecor carecen dun mostreo suficiente, xa
que as actuais sociedades de caza dispoñen de recursos económicos
escasos que inevitablemente repercuten na calidade do plan realizado
polas consultoras.
A
masiva entrada de especies catalogadas nos centros de recuperación de
fauna silvestre, como miñatos, azores e lobos é indignante.
Verdegaia e ASCEL
solicitan á Consellería que identifique o couto de procedencia dos
individuos afectados por furtivismo e proceda sistematicamente ó
peche dos mesmos.
Somos coñecedores de certos tecores con incidencia alta en
furtivismo anual. Antes estes feitos, a Administración mira para
outro lado debido ó elevado número de cazadores que nas eleccións
se transforman en votos. O vergonzoso é que o correcto comportamento
dalgúns deles, que solicitan unha xestión adecuada da actividade con
fin de mellorar a súa calidade, vese enturbada polas actuacións
ilegais doutros contra as cais a Consellería segue sen intención
de actuar.
Dende ASCEL e Verdegaia, seguiremos criticando a xestión e
o nulo seguimento da actividade mentres que a Xunta de Galicia siga
sen tomar cartas no asunto ou sen realizar melloras.
|