Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
transforma
SOGAMA pretende diluír a responsabilidade PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 14 de October do 2009

Empregando a estratexia de “todos culpables” o presidente de SOGAMA tentou diluír a súa responsabilidade e a do goberno galego á hora de resolver o problema dos residuos e tamén agochar os fracasos da incineración do lixo en Galicia. Os cidadáns que non reciclan, os ecoloxistas que non propoñen e os grupos políticos que non pactan. Todo vale para xustificarse e seguir “escurrindo” a responsabilidade dun problema que salta de goberno en goberno como unha grande “pataca quente”.

Os colectivos ecoloxistas amosan a súa sorpresa coas declaracións feitas por Luis Lamas (presidente de SOGAMA) o pasado domingo, nas que subestima aos milleiros de persoas en Galicia separan os seus residuos e esquece os máis de 20 anos que os colectivos ecoloxistas veñen sendo o motor das melloras e da racionalidade na xestión dos residuos en Galicia, primeiro coa implantación da recollida selectiva, e logo con actividades como a denuncia dos vertedoiros incontrolados, os residuos perigosos, a promoción da compostaxe e da reducción e incluso a promoción dunha ILP (iniciativa lexislativa popular) contra a incineración que xa no ano 1996 recollera máis de 50.000 sinaturas e que foi rexeitada no parlamento galego cos votos en contra de PP e o PSOE.

A redución dos residuos é posible:

Pono de manifesto a actual crise económica e a súa incidencia nas pautas de consumo, que fixo por primeira vez desde a creación da empresa en 1992, que SOGAMA recibise un 3% menos de lixo no ano 2009 sen ter tomada medida algunha a prol da redución.

Póñeno de manifesto os distintos informes e estudos elaborados por Amigos da Terra e a FEG que están na mesa do despacho do presidente de SOGAMA e do Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio.

Póñeno de manifesto a revalorización da materia orgánica a través da compostaxe que se consolidou en moitos concellos galegos grazas ao traballo das distintas organizacións ambientalistas.

"A redución debe ser a prioridade do noso modelo de xestión, non conseguiremos frear o problema do crecemento progresivo do lixo se non freamos inmediatamente este crecemento", declara María Durán, responsable de Residuos de Amigos da Terra.

SOGAMA non funciona:

Desde a súa inauguración no ano 2000 a planta está colapsada e hoxe so é capaz de asumir a metade dos residuos galegos, consumindo a propia incineradora practicamente toda a enerxía que xera.

O verquido é polo tanto a única alternativa que teñen a outra metade dos residuos galegos na actualidade, cantidade que medra ano tras ano e que arestora suma perto de 3 millóns de toneladas de residuos no vertedoiro da Areosa.

Pechar SOGAMA é posible, a incineración e o verquido son os últimos elos dunha cadea de xestión dos residuos irracional que Luis Lamas coñece pero prefire ignorar. Por que?

Segundo declara Celestino Quintela, responsable de residuos da FEG "Logo de case unha década de funcionamento, as estatísticas da propia administración amosan que o modelo de incineración é un fracaso, mesmo incumprindo os obxectivos marcados pola UE, e que a compostaxe aerobia segue a ser a vía con mellores resultados".

O presidende de SOGAMA pretende abrir un debate sobre a incineración que non existe. Galicia sen incineración é posible, sempre o foi e de sempre o defendemos.

A Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio e por suposto tamén SOGAMA están a tempo de tomar as medidas correctas, isto é, planificar o feche de SOGAMA e afrontar no Plan de Xestión de Residuos (actualmente en elaboración) o verdadeiro problema do lixo, como parte estrutural do modelo de consumo. Nese caso terán a colaboración e o apoio das organizacións ecoloxistas.

Porén, mentres as solucións consistan en despistar a opinión pública, lanzar debates valeiros de contido e recuperar do pasado as medidas que xa teñen fracasado, os residuos dos galegos e galegas seguiranse amoreando no vertedoiro de Cerceda ou convertidos en escouras e cinzas tóxicas.

Desde Amigos da Terra e a FEG vemos con preocupación as palabras de Luis Lamas do pasado domingo, especialmente faltas de autocrítica e responsabilidade.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top