|
Xoves, 24 de Setembro do 2009 |
|
Verdegaia conta entre os seus principios de organización o Principio de Transparencia e Pluralidade no Financiamento que define a obriga de manter unhas determinadas condicións no financiamento da asociación e que este sexa público e coñecido
PRINCIPIO DE TRANSPARENCIA E PLURALIDADE NO FINANCIAMENTO
Co obxectivo de favorecer a independencia e a continuidade da
asociación, procurarase diversificar as fontes de financiamento externo
e maximizar os ingresos procedentes de fondos propios (cuotas de
socios/as, organización de actividades, venda de materiais,...). Os
ingresos propios nunca serán inferiores ao 25% dos ingresos totais da
asociación. Ningún dos financiadores externos poderá achegar máis dun
terzo dos ingresos totais. Divulgaranse as fontes de financiamento e as
cantidades achegadas por cada unha delas. Os convenios asinados con
Administracións ou con empresas estarán dispoñíbeis ao público na web
da asociación.
A aplicación deste principio leva a Verdegaia a publicar anualmente unha Memoria resumo da súa actividade e das súas finanzas que alén de publicarse na web a disposición de quen o desexe, imprímese como caderniño central no primeiro número de cada ano da revista Fiando Verde
Poñemos ao voso dispor as memorias publicadas por Verdegaia até o día de hoxe
Memoria Verdegaia 2006
Memoria Verdegaia 2007
Memoria Verdegaia 2008
|