|
A
achega ao cambio climático dos coches que circulan polas cidades é
enorme. En Galicia, os turismos emitiron 1.602.000 toneladas de
dióxido de carbono (CO2)
en ámbitos urbanos durante 2007 e todo o tráfico urbano representa
o 40% das emisións do transporte por estrada, segundo datos do
Ministerio de Medio Ambiente Se comparamos
as emisións do coche no medio urbano coas de industrias individuais,
tan só resultan inferiores ás das térmicas de carbón.
Alén de contribuír ao cambio climático, o automóbil provoca niveis excesivos de contaminación atmosférica nas nosas
cidades.
Este
ano o lema da Semana Europea da Mobilidade, “Mellora o clima da túa
cidade”, chama a atención sobre a importancia de reducir as
emisións de CO2
dos desprazamentos urbanos para loitar contra o maior problema
socioambiental global, as alteracións climáticas. E é que grande
parte das elevadas emisións de CO2
do transporte por estrada acontecen en ámbitos urbanos, no caso de
Galicia nada menos que o 40% (2.596.000 dun total de 6.492.000
toneladas no ano 2007). En Galicia, as emisións de CO2
do
tráfico urbano non deixan de medrar e multiplicáronse por 2,4 entre
1990 -ano de referencia para o Protocolo de Quioto- e 2007, polo que
creceron aínda a maior ritmo que as emisións totais do transporte
por estrada.
O
principal emisor de CO2
nas cidades é o automóbil privado, por riba doutro tipo de
vehículos. Os turismos supoñen o 61,7% das emisións asociadas a
desprazamentos urbanos.
O
tráfico urbano non só provoca mudanza climática senón que tamén
é a principal causa de que na práctica totalidade das cidades
galegas se superen os valores máximos de concentración no aire
recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para as
partículas inferiores a 10 micras (PM10),
o principal contaminante atmosférico, como pon de relevo o informe
“A calidade do aire en Galicia. Balanzo 2008”, de Verdegaia e
Ecologistas en Acción.
Reducir
o tráfico urbano é chave para mellorar a calidade de vida nas nosas
cidades e para tornalas sustentables a escala local e global. A
mellora da eficiencia dos coches é necesaria pero resulta
insuficiente, porque hai moitos coches e úsanse demasiado. Unha
política de mobilidade sustentable debe ser simultaneamente de
disuasión e estímulo. Disuasión
do uso do automóbil (restrinxir o estacionamento, “pacificar” o
tráfico, estabelecer peaxes de acceso aos centros urbanos,...).
Estímulo dos medios sustentables (carrís bus, servizos ferroviarios
de proximidade, itinerarios peonais e ciclistas seguros e
agradables,...). Todo isto no marco de Planos de Mobilidade
Sustentables.
A
construción de máis infraestruturas (túneis, rondas, ampliacións
de estradas,...) para aumentar a capacidade da rede viaria non
soluciona a longo prazo os problemas de conxestión, agrava aínda
máis a insustentabilidade do transporte e desvía enormes sumas de
diñeiro público da atención a necesidades sociais prioritarias
(sanidade, educación, protección ambiental,...).
Anexo
Emisións de CO2
(kt) do transporte por estrada baixo pautas de condución urbana e
emisións totais do transporte por estrada en Galicia
|
|
1990
|
2007
|
Turismos
|
753
|
1.602
|
|
Vehículos
lixeiros (<3,5
t)
|
142
|
447
|
|
Vehículos
pesados (>3,5
t)
|
173
|
545
|
|
Motos
|
15
|
2
|
|
Total
tráfico urbano
|
1.083
|
2.596
|
|
Total
transporte por estrada
|
3.094
|
6.492
|
Fonte:
Elaboración propia con datos do Inventario de Emisións de
Acidificadores, Precursores de Ozono e Gases de Efecto Invernadoiro
do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (2009).
|