 Por
terceiro ano consecutivo, Verdegaia vén de organizar onte, xoves 17
de setembro , a
III Comparativa de Medios de Transporte na cidade de Vigo. Esta
comparativa pretende reflexar cal é o medio de transporte máis
rápido, cómodo, económico e sustentable para
moverse pola cidade, simulando 3 xestións que facer en Vigo un
día calquera.
A
saída foi dende Balaídos, e os lugares onde había
parar foron
Tráfico
(Rúa Regueiro), Árbore,
Coperativa de consumo
(Rúa Arquitecto Perez Vellas) e Concello
(Praza do Rei). O
itinerario entre os puntos foi de libre elección e os
medios utilizados foron 6: bici, coche, moto, taxi, bus, e a pé.
A
condición de base para todos os medios foi o respecto da
normativa de tráfico vixente e facer a simulación de
entrar nas dependencias (o cal implica aparcar o automóbil/moto,
deixar un taxi e buscar outro, enlazar distintas liñas de
buses, candar a bici, étc).
O
acto simbólico -enmarcado na Semana
Europea da Mobilidade
16-22
de Setembro-
pretende reabrir o debate sobre a mobilidade urbana (caótica)
actual, baseada fundamentalmente no veículo privado,
especialmente na cidade de Vigo.
O
resultado da comparativa de medios celebrada onte en Vigo, indicou
que
a bicicleta é o medio máis rápido, sustentable,
cómodo e económico para
movernos pola cidade en comparación ao resto dos
medios de transporte analizados.
Como
nas convocatorias anteriores, a bicicleta, nun escenario hostil como
é Vigo totalmente
carente de infraestructura para a bici
, revelouse como a
mellor forma de moverse pola cidade, atendendo a criterios de
sustentabilidade, tempo e economía. Sen embargo, perante esta
febre de “humanizadora” de rúas, hai inversión
pública para reducir o tráfego de automóviles e
dotar á cidade dunha boa rede de carrís-bici en Vigo?
NON.
Atendendo
a criterios de tempo,
na comparativa de medios de transporte, despois da Bicicleta chegou
ao destino en 2ª posición) Moto, 3ª ) Taxi, 4ª)
Bus, 5ª) Peón, 6ª) Coche.
A
moto gañou en tempo, ao taxi, ao bus e ao peón, pero
perdeu en cuestión de sustentabilidade (emisións de
CO2), de ruidos e de cartos (gasolina e compra/mantemento da moto).
O
taxi manifestouse como un medio relativamente rápido
(dependendo de tráfego e das obras) pero moi custoso para
moverse pola cidade (9,48 euros nun percorrido de 4,2 Km), ademáis
do negativo das emisións de CO2, dos ruidos e da ocupación
espacial.
O
bus tivo conexións limitadas pero revelouse como un medio
colectivo social, económico coa tarxeta vitrasa (0,60 euros)
-non así sen tarxeta (1,13euros)- e máis sustentable
que o veículo privado (inda que non deixa de moverse con
petróleo). Os contras: a baixa frecuencia entre algunhas liñas
“menos céntricas”, a falta de intermodalidade e a
impuntualidade provocada polos atascos
dos coches.
O
peón quedou de penúltimo pero gañou en cuestión
de sustentabilidade (cero emisións de CO2), de ruidos (cero
ruidos), de saúde, de autonomía, de accesibilidade aos
distintos lugares e de cartos (custo cero).
O
coche, tan laureado e considerado popularmente o medio máis
rápido, quedou de último e dobrou o tempo da bici,
contaminou máis que ningún outro, emitiu ruidos, perdeu
tempo en atascos, ocupou un prezado espacio nas rúas e tivo
que desembolsar unha boa tallada para pagar o parking privado por
falta de espacio na vía pública ocupada por miles de
coches aparcados. Esto supuso, ademáis do custe da
desesperación e o estrés, un custe económico
importante de gasolina, de tickets zona azul e parking, ademáis
da compra e mantenemento do coche (seguros, revisións, etc).
Conclusión:
As
actuais políticas de inversión en infraestruturas,
obsesionadas con dotar de facilidades ao automóbil privado
(parkings, estradas, autoestradas, desdobramentos, etc) revélanse
insustentables, obsoletas nun contexto de esgotamento do petróleo,
custosísimas para o Erario Público, e insanas.
Promover outras formas de
mobilidade máis respectuosas co medio, económicas,
seguras e saudábles (camiñar, pedalear, moverse en
transporte público colectivo de calidade: tranvía,
metro lixeiro, barco; bicicleta, étc); reducir a necesidade
de mobilidade; e desincentivar radicalmente o uso do automóbil
privado por todo o que leva implícito (contaminación,
ocupación espacial na cidade, fomento de urbanismo difuso,
necesidade de infraestructuras destructoras do territorio,
accidentalidade, estrés, consumismo, etc ) sería unha
opción intelixente da Administración para ofrecer por
fin á cidadanía formas máis eficientes e
sustentables para moverse pola cidade.
|