Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
transforma
As Brañas do Sar ameazadas polo asfalto e o cemento PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 17 de September do 2009

Verdegaia Compostela ven de presentar alegacións ao "Plano especial de ordenación, protección, mellora ambiental e acondicionamento das brañas do Sar (PE-3R) de Xuño de 2009 - Documento de Inicio" promovido polo Concello de Compostela e en fase de consulta para a Avaliación Ambiental Estratéxica. Este plano afecta un espazo que polo de agora, e por desgraza, non presenta ningún tipo de protección a pesares de ser un espazo de elevado valor ambiental e paisaxístico dentro da área urbana de Compostela, e que xa ten sufrido numerosas intervencións moi criticables desde o punto de vista ambiental (incremento da superficie construída dentro da bacía, incomunicación provocada por diferentes infraestruturas lineais, contaminación persistente e difusa nas augas, etc), dos que en grande medida foi ou é responsábel o propio concello.

O plano non só non detén a edificación de equipamentos públicos ou propón plans para diminuír a contaminación xa existente, senón que determina novas intervencións, obviando ou mesmo desacreditando en determinados parágrafos a importancia do lugar, adxectivando como “marxinal” ou “residual” a un área que ao noso entender se debería valorar pola súa característica de semi-selvaxe.

Tampouco fica reflectido no plano, con datos claros, concretos e de base científica a importancia dos valores ambientais, denotando unha baixa adicación ao estudo da biodiversidade da zona en xeral.

A área de actuación sobre as brañas que propón o plano, non coincide coa área delimitada polo PXOM para este ámbito, co que se aumenta a ambigüidade dunhas actuacións que perseguen en todo momento a antropización do espazo.

 

Verdegaia propón que se describa con datos claros, concretos e científicos as bases que levan á ordenación que se establece neste plano e que a partires deste, se determine a realización dun estudo biolóxico, xeolóxico e etnográfico dos seus valores que leven a determinar unha figura de protección para as brañas.

Non só consideramos paralizar a construción de infraestruturas dentro do espazo, senón tamén a posibilidade de derrubar algunhas das existentes e aplicar un plan de recuperación de áreas contaminadas co fin de devolvelo a un estado de non regresión, para o que solicitamos mudar a concepción dos espazos verdes dentro das cidades como desertos verdes, dependentes de químicos e especies alóctonas para entender e valorar a riqueza dos espazos verdes como aqueles que se desenvolven de xeito natural onde a diversidade especifica é maior e autóctone, teñen a súa dinámica propia allea á intervención humana e manteñen as sinerxias con outros espazos naturais da contorna.

pdf Alegacións Brañas do Sar

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top