Inicio arrow Mobilidade e Transporte arrow As emisións dos tubos de escape deben reducirse  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
As emisións dos tubos de escape deben reducirse PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 02 de September do 2009

Ecologistas en Acción presentou un informe sobre o contributo do transporte urbano ao perigoso quecemento global. En "Emisiones de GEI del transporte urbano en el estado español" analízase a achega do transporte urbano ás emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) totais de España, e o seu espectacular incremento na última década.

Os resultados máis relevantes deste informe son os seguintes:

  • O transporte é a primeira fonte de emisións a escala estatal, e supón un 25% das emisións en unidades equivalentes de CO2 en 2006.
  • O transporte por estrada é o maior contribuídor a estas emisións cun 80% sobre o total debidas ao transporte.
  • O transporte foi o sector que, cun crecemento do 88% das emisións totais en 2006, máis incrementou as súas emisións desde 1990.
  • Os automóbiles xeraron máis da metade (53%) das emisións de CO2 equivalente.
  • Das emisións de GEI debidas ao transporte por estrada un 37% corresponde en exclusiva ao ámbito urbano.
  • O número de viaxeiros-quilómetro per cápita en coche medrou un 78% no período 1990-2003.

A confederación estatal Ecologistas en Acción constata  que as principais vías de actuación para reducir a contaminación do aire e as emisións de GEI procedente do transporte pasan pola diminución do tráfego motorizado, a redución da necesidade de mobilidade e o potenciamento do transporte público (en especial o eléctrico), alén de dar facilidades aos medios non motorizados nas cidades e da adopción xeralizada das mellores tecnoloxías industriais dispoñibles para a redución da contaminación.

Documento:

Emisiones de GEI del transporte urbano en el Estado español (PDF - 175 KB)

 
   Home  Print  @ Contact Top