Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
incineracion
Alegacións á posta en marcha da Fábrica da Luz de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 29 de August do 2009

Verdegaia acaba de presentarlle alegacións ó proxecto do Concello de Lugo de pór en marcha de novo a chamada “Fábrica da luz”, unha antiga explotación hidroeléctrica que suporía gastar case 1.800.000 euros.

O proxecto consiste en aumentar o caudal de 7.000 a 11.000 litros/segundo para que funcione de novo esta explotación, que ten xusto diante unha zona na que a cidadanía vai merendar, vai coa súa familia pasar a tarde, especialmente nestas épocas de calor, xa que hai moitas árbores e alí estase máis fresquiño.

Mais non se limita a isto, senón que habería que limpar todo o caneiro a través do cal se toma a auga, o que supón, para non variar, talar toda a vexetación existente (amieiros, carballos, castiñeiros e freixos). Isto ten unhas consecuencias brutais na zona, na que á parte de toda a fauna piscícola (veríanse afectadas especies como Salmo salar, Salmo trutta trutta, Petromyzon marinus, Alosa alosa, Anguilla anguilla, Chon drostoma polypelis, Salmo trutta fario), tamén se eliminaría o hábitat de todas as aves, réptiles e demais vertebrados que viven pola zona.

Tampouco se podería continuar utilizando a zona para os usos de paseo, lugar de parada á sombra coa familia, etc. Verdegaia considera que ese diñeiro se debería usar para arranxar a zona, que ten graves deficiencias para o uso público que de facto se fai dela: andar, facer a ruta, andar en bici, pasar a tarde coa familia, ir estar á sombra… Todas estas actividades non serían compatibles co ruído da zona e cos máis que previsibles cambios de caudal dependendo da necesidade da explotación hidroeléctrica.

Verdegaia deu moitas alternativas nas súas alegacións para usar este diñeiro (mellorar os acceso para ir andando e en bicicleta á zona, tanto pola zona da universidade como pola baixada desde a zona máis céntrica de Lugo pola N-VI; colocar unha barreira vexetal no Parque Miño para facer a zona máis agradable; reducir o tráfico da zona para aumentara a posibilidade de paso a pé e en bici; creación dun carril-bici pola zona; arranxo da outra beira do río, por onde non hai un camiño feito actualmente; que se recupere o dominio hidráulico privatizado do Club Fluvial; que se faga un camiño de verdade con terra e herba e non asfalto da ruta de 11 quilómetros existente…).

Podes descargar as alegacións aquí:

2009-08-26_alegacins_fbrica_da_luz

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top