É tempo de plans, de proxectos novos e de retomar empeños. O troco vai consolidándose ano tras ano coma unha alternativa válida e necesaria, unha forma máis xusta e ecolóxica de xestionar a nosa economía. Non é só unha oportunidade para conseguir un obxecto de balde ou a cambio de algo. É sobre todo unha forma de entender o mundo, unha forma de vivir máis respectuosa co medio e co planeta. Por toda Galiza xurden mercadiños, bancos de tempo e iniciativas de troco e cesión que poñen de manifesto unha nova sensibilidade social fondamente ecolóxica e solidaria.
Un ano máis, un mes máis, as asociacións, colectivos e persoas que
formamos Vigotroca convidámoste ao mercadiño mensual de troco e cesión:
unha cita co sentido común, co aforro, coa ecoloxía e o respecto pola
terra.
Este sábado 30 de agosto tes un novo encontro coa xente da túa
cidade. Ven á rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 11:00
e as 13:00 horas (ou, se chove, ao Centro Social do Calvario, antiga
"Cultural", na rúa Numancia 3) e planta o teu propio posto de troco.
Libros, discos, materiais de informática, decoración, fogar, roupa... Pensa no que precisas e ven a buscalo. Sinxelo, verdade?
E o resto do mes apúntate ao troco na nosa web de intercambio: http://vigotroca.arkipelagos.net/
Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario
|