Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
ecotv
incineracion
Verdegaia reclama un novo Plano Eólico respectuoso coa natureza PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 22 de August do 2009

Ao igual que a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que fai parte, Verdegaia recibe de entrada como unha boa nova a suspensión do último concurso eólico, resolto pola anterior Xunta sen garantías ambientais e que iría agravar a deterioración do noso territorio. Mais, para asegurar que unha nova repartición eólica non implique tamén danos inaceptables ao patrimonio natural, cómpre aprobar antes un Plano Eólico que sexa obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica rigorosa e estabeleza suficientes zonas de exclusión, así como ampliar a Rede Natura 2000, que hoxe só representa o 11,7% do territorio, a porcentaxe máis baixa de todas as Comunidades Autónomas.

A anulación do concurso eólico non terá consecuencias ambientais positivas se non se aproba o antes posible un novo Plan Sectorial Eólico que exclúa do desenvolvemento eólico as zonas con maior interese ambiental. Verdegaia entende que o anteproxecto de lei eólica mantén, cando menos até a modificación do vixente Plano Sectorial Eólico, a prohibición de construír parques eólicos nos espazos naturais da Rede Natura 2000 -o único avanzo ambiental introducido polo Goberno bipartito-, aínda que isto resulta insuficiente para prevenir impactos ambientais graves. Verdegaia agarda que o PP non repita os erros do pasado, pois entre 1996 e 2005 autorizou desde a Xunta 50 parques eólicos en 15 espazos da Rede Natura 2000.

A xuízo de Verdegaia, o novo canon eólico non supón unha proba de sensibilidade ambiental por parte do actual Goberno, senón un recoñecemento dos importantes danos ao territorio ocasionados polas políticas ambientalmente inadecuadas de ordenamento dos parques eólicos seguidas polos sucesivos Gobernos autonómicos, froito da necesidade de procurar un instrumento recadatorio. Sería un exemplo máis de cinismo ambiental que a Xunta gravase cun imposto ambiental unha enerxía limpa e renovable e, simultaneamente, non introducise criterios ambientais esixentes na planificación eólica e non fixese nada para que as elevadas emisións de dióxido de carbono (CO2) das centrais térmicas sexan fortemente penalizadas.

Cómpre un novo modelo eólico

Verdegaia propón un novo modelo eólico respectuoso coas zonas de maior valor ecolóxico, que priorice o repotenciamento sobre a construción de novos parques, que aposte non só polos grandes parques eólicos senón tamén pola eólica de baixa e media potencia e que deixe importantes beneficios socioeconómicos no medio rural. Unha política eólica que minimice os efectos negativos sobre o territorio e maximice os beneficios para a sociedade galega.

Asemade, a nova política eólica, para se converter nun elemento importante de sustentabilidade, debería encadrarse nunha estratexia enerxética que decreza o consumo de enerxía e diminúa drasticamente a produción eléctrica nas centrais térmicas, especialmente nas de carbón, as máis intensivas en emisións de CO2. Aínda que a enerxía eólica ten contribuído de xeito importante ao aforro de emisións desde Galicia, non foi suficiente para inverter a tendencia ao aumento das emisións dos gases causantes do quecemento global. Así, entre 1996 –ano do inicio da “revolución eólica”- e 2006, as emisións de CO2 e doutros gases de efecto invernadoiro asociadas á produción e ao consumo de enerxía en Galicia non só non diminuiron senón que aumentaron en nada menos que nun 18% (de 24.084.600 a 28.351.460 toneladas anuais).

Máis información:

pdf A FEG pide rachar co "pasado eólico galego"

O novo decreto autonómico de aproveitamento da enerxía eólico non garante o respecto á natureza

Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais 

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top