Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2009
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
fiare
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sindicación
eco62
incineracion
A Xunta propón reducir a superficie da ZEPA A Limia PDF Imprimir Correo-e
Wednesday, 19 de August do 2009

Verdegaia denuncia a escasa superficie que engloba a proposta de Zona Especial de Protección das Aves (Z.E.P.A.) “A Limia” que a Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia enviou á Comisión Europea. A superficie protexida non garantirá o cumprimento da Directiva Aves 79/409/CEE. Vimos de apresentar un escrito dirixido á Dirección Xeral da Natureza da Consellaría do Medio Rural onde se solicita que a Consellaría do Medio Rural retire a proposta de Z.E.P.A. “A Limia” de 6.928 hectáreas que enviou á Comisión Europea e que elabore unha proposta de Z.E.P.A., coa axuda do grupo de traballo, para buscar unha solución consensuada de cara á declaración da Z.E.P.A.,  que cumpra a Directiva Aves.

No escrito tamén se denuncia que a escasa superficie que engloba a proposta de Z.E.P.A. “A Limia” que a Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia enviou en datas recentes á Comisión Europea ó entender que é insuficiente para garantir o debido cumprimento dos apartados 1 e 2 do Artigo 4 da Directiva Aves, feito que levou ó Tribunal de Xustiza das Comunidades Europea s a abrir un proceso sancionador contra varias Comunidades Autónomas do Estado Español no ano 2000.

Cómpre salientar que en marzo de 2008 a Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible tivo unha xuntanza en Madrid coa Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea para explicar a proposta da Z.E.P.A. “A Limia” e, poucas semanas despois, a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea advertía á Consellaría de que a súa proposta de Z.E.P.A. na Limia -que ocupaba 3.456 hectáreas máis que a proposta actual- era deficiente e que, se non se melloraba axeitadamente, continuaría o proceso sancionador aberto despois da emisión da sentenza de 28 de xuño de 2007.

Tamén é necesario comentar que a riqueza avifaunística limiá fala por si mesma, xa que 56 especies están incluídas dentro do Anexo I da Directiva 79/409/CEE e outras 80 son especies migratorias de chegada regular; a presenza destes dous últimos grupos de aves obriga a declarar unha Z.E.P.A. na Limia para garantir a súa adecuada protección.

Dende Verdegaia cremos que a agricultura e a gandería son compatibles e imprescindibles para a Z.E.P.A. (co exemplo da calandriña común que só se reproduce en campos de patacas), que moita superficie da Z.E.P.A. xa é Reserva da Biosfera que non xerou problemas de ningún tipo entre a cidadanía, que a Z.E.P.A é unha oportunidade xa que as futuras axudas da P.A.C. (Política Agraria Común) outorgaranse a zonas protexidas e a zonas de produción ecolóxica e de calidade, que a pataca da Limia gañaría prestixio se se asocia a unha zona ben conservada, e que a protección ambiental non é algo negativo xa que xera riqueza e calidade de vida. Tamén opinamos que se deben reclamar os recursos técnicos e económicos que xa agardan na Unión Europea e que se organicen dende a Consellería mesas redondas nos concellos con superficie na Z.E.P.A. para que a xente coñeza axeitadamente o que é unha Z.E.P.A.

 
Advertisement
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
vaideroteiros
Revista Cos Pés na Terra
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
Fiando Verde
curriculo
10 preguntas
informe_gases
trafego
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Curso on line Introdución ao decrecemento
November 10 - December 22, 2011

Ver calendario completo
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top