|
Obradoiro de bonsais con arames nas piscinas de Oira (Ourense) |
|
|
|
|
Monday, 10 de August do 2009 |
|
Este sábado 15 de agosto, dentro da programación do Actíva-te no Verao, organizado pola Ra, Amarante, Semente, Casa da Xuventude de Ourense, Amigos da Terra, Lerchas, Saramaganta.info, CineClube Padre Feijoo, A Esmorga, Anacos da Cidade, a Comisión de denuncia de Galiza e Verdegaia, esta última levará a cabo un obradoiro de bonsais feitos con arame (o que está dentro dos restos de cable que nos van quedando na casa).
O obradoiro será ás 18:30 h nas piscinas de Oira e poden acudir persoas de todas as idades.
Soamente hai que traer restos de cable ou o arame xa pelado para facer o bonsai.
Aprenderemos, así, a facer un adorno sinxelo e artesán con material de refugallo.
|