Inicio arrow Resíduos e contaminación arrow Propostas para unha xestión preventiva e sostíbel dos Residuos Sólidos Urbanos  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Propostas para unha xestión preventiva e sostíbel dos Residuos Sólidos Urbanos PDF Imprimir Correo-e
Monday, 10 de August do 2009

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) e Amigos da Terra presentaron o documento  "Propostas para unha xestión preventiva e sostíbel dos residuos sólidos urbanos en Galicia". Verdegaia participou na súa elaboración como asociación integrante da FEG.

Este informe xorde co obxectivo de ofrecer ao novo goberno galego unha serie de propostas concretas e imprescindíbeis para implantar unha axeitada xestión dos residuos sólidos urbanos no noso país.

Ante as recentes declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, de afrontar o incremento no volume de residuos galegos a través do aumento da incineración e da reciclaxe, a FEG e Amigos da Terra manifestan a súa preocupación e alertan de que estas políticas afondan nos erros do pasado. Por este motivo, presentouse este informe de propostas dirixidas á Consellería de Medio Ambiente, co obxectivo de que sexan tidas en conta e incorporadas ás políticas galegas de xestión dos residuos.

Neste informe desenvólvense achegas e propostas para un modelo sostíbel da xestión dos residuos no noso país. Estas propostas, que o goberno galego debería considerar para a  elaboración do novo plan de residuos, están centradas en 5 puntos básicos:

  • Participación real e efectiva da cidadanía
  • Apoio da Redución e Reutilización
  • Novo esquema de recolla selectiva húmido-seco (vidro, papel, materia orgánica fermentábel, resto)
  • Tratamento da materia orgánica
  • Descentralización

 Descarga aquí as propostas:

pdf Propostas para unha xestión sostíbel e preventiva dos residuos sólidos urbanos

 

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top