|
Hoxe, o núcleo comarcal de Verdegaia-Vigo e a delegación local de Amarante presentaron conxuntamente no Rexistro do Concello de Vigo a "Moción para a adopción de criterios de compra pública responsábel na política de adquisición de produtos e servizos do Concello de Vigo" dentro da campaña galega sobre a compra pública responsábel nas administracións que desenvolven conxuntamente ámbalas dúas organizacións.
Na
Unión Europea a capacidade de contratación do sector público supón
o 16% do PIB, unha cifra que revela a Administración Pública como
gran actora no mercado nacional e internacional en volume de
adquisión de bens e servizos.
Neste
potencial marco favorable de cambio de modelo de produción e
consumo, os
colectivos sociais Amarante e Verdegaia piden o compromiso político
dos concellos da provincia, para facer un bo uso dos recursos
públicos en tempos de crise e incorporar criterios ambientais,
sociais e éticos na contratación
pública.
A
Compra Pública Responsable introduce criterios éticos relativos ao
cumprimento de estándares sobre condicións laborais (comercio
xusto), desenvolve modelos de consumo máis respectuosos co medio
ambiente minimizando o impacto ambiental do consumo municipal, incide
na calidade de emprego, na perspectiva de xénero, introduce o apoio
a empresas de economía social, étc
A
presente
campaña en prol dunha Compra Pública Responsable en Galicia levada
a cabo porAmarante e Verdegaia, demanda a inclusión de criterios
éticos e socioambientais na compra pública tamén por parte das
administracións locais.
Os
Concellos teñen unha gran capacidade de incidencia na economía
local. As inversións públicas deben dar exemplo e comprometerse con
políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais
(inserción, accesibilidade e igualdade) e éticas ( de solidariedade
e de loita contra a pobreza) e nunca moverse baixo criterios de
rentabilidade de capitais, cando esto supón beneficiar a empresas
socialmente irresponsables, contaminantes ou irrespectuosas cos
dereitos laborais ou incluso os dereitos humáns.
No
marco legal tanto a nivel europeo como agora a nivel, a lexislación
permite incorporar criterios sociais, ambientais e éticos nas
distintas fases da contratación, polo que igualmente recomendamos
aos concellos galegos a inclusión nos contratos
menores
dos criterios sociambientais e éticos expostos na moción
presentada.
Existen tamén múltiples
programas e selos (Cites, Procura +, Respiro, etc.) que facilitan que
as administracións públicas poidan facer un uso responsable dos
recursos públicos.
A
pesar dalgúns tímidos avances por parte das administracións
galegas (introducción
de produtos de comercio xusto nalgúns edificios administrativos da
Xunta de Galicia, ou implementación de criterios de eficiencia no
alumeado público) inda queda moito por facer para que os poderes
públicos integren verdadeiramente criterios sociais e ambientais en
tódalas etapas de contratación.
A
presente moción de compra pública pretende ser un marco básico e
rector da contratación pública responsábel nos Concellos galegos
que acade un compromiso político constante no tempo por riba de todo
cambio de goberno.
|