|
Ante
a presentación no Concello de Ribeira do proxecto
de Planta Satélite de Recepción, Almacenamento e Regasificación de
Gas Natural Licuado,
no monte de San Alberte, Verdegaia vén
de solicitar aos partidos políticos da oposición municipal o seu
posicionamento sobre o tema. Esta planta suporía a circulación continua de camións con gas licuado pola bisbarra para subministrar a planta, un produto áltamente inflamábel e moi perigoso como demostra o recente accidente na Toscana Italiana. Asemade, representa un dobre investimento para a mesma función xa que existe un proxecto en marcha para a construción dun gasoducto que subministre a Ribeira.
Nun
escrito dirixido ao PSOE, BNG e IPR, pedímoslles que fagan pública
“a
súa postura con respecto á idoneidade da inminente instalación
dunha planta de gas nunha parcela municipal preto da capela de San
Alberte, habendo, como hai xa, un proxecto de gasoduto que traerá
nun prazo razoable o gas natural á Barbanza –o que supón, nunha
época de crise como a que atravesamos, un dobre investimento para
unha mesma función-; e respecto aos perigos que para a poboación da
bisbarra pode representar tanto a planta en si como o desprazamento
diario de gas en camións polas nosas estradas.
“
Ata
o momento, que nós saibamos, ningún grupo político se ten
manifestado sobre este tema. Consideramos que, dada a súa
importancia para o noso Concello, sería desexable que a cidadanía
coñecese a opinión de todos os sectores sociais e recibise algunha
información que vaia máis aló da proporcionada polas edicións
locais dos xornais.
A
información fai ás persoas máis libres, e desde Verdegaia temos a
certeza de que a maioría dos partidos políticos avogan pola
liberdade consciente da cidadanía.
Verdegaia
solicita, ademais, dos partidos citados, que “apoien
a nosa petición de que se garanta
—neste caso e en xeral—
o acceso a toda a cidadanía á información, facilitándoa no
formato dixital,
a cal é imprescindible para traballar en equipo e contar coas
achegas das distintas persoas especialistas”.
Dende o Concello denegóusenos a información dese proxecto no citado
formato.
Consideramos
que, na práctica, estase a conculcar o dereito da cidadanía á súa
participación para facer efectivos o dereito a un medio ambiente
adecuado e o deber de conservalo. En Verdegaia traballa unha equipa
multidisciplinar de persoas (biólogas,
inxeñeiras, especialistas medioambientais, etcétera) que necesitan
acceder dun xeito doado á información ambiental co fin de mellorala
se fora preciso. Este traballo en grupo é de todo punto imposible
sen ter acceso ao formato dixital. Non é de recibo que, a estas
alturas do século XXI se nos queira facer crer que non se dispón do
Proxecto nese formato; e moito menos que, dispoñendo del, se nos
denegue.
Verdegaia,
xa ten solicitado o amparo do Valedor do Pobo fronte ao Concello de
Ribeira por unha actuación similar —cando estaba en exposición
pública o gasoduto da Barbanza— e o Valedor xa reprobou en aquela
ocasión a actuación do Concello.
|