|
Domingo 21 de Xuño, Mercadiño de Troco en Ferrol |
|
|
|
|
Martes, 16 de Xuño do 2009 |
O
vindeiro domingo 21 de Xuño (seguindo a súa periodicidade bimensual) celébrase
na Praza Vella de Ferrol un novo mercadiño de troco entre as 10:00
h-13:30 h. Esta actividade é un espazo de encontro no que as persoas
participantes poderán expoñer os seus obxectos nas mesas habilitadas
para troco ou cesión. Para evitar os intermediarios (ben sexan outras
persoas ou moedas) cada participante negociará coas outras o troco de
obxectos, a cesión ou aquelo que considere máis axeitado. Aquelas
persoas que non vaian a estar permanentemente no mercadiño poderán
deixar un teléfono de contacto ou hora para que as poidan atopar. Ao
remate do mercadiño cada participante deberá recoller os obxectos que
non fosen trocados ou cedidos, responsabilizándose dos mesmos.
Trocaránse: -Libros
-Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa
-Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas. Tamén podes acceder ao mercadiño permante en
|