|
COCIÑA
RESPONSABLEMENTE
Consumo
responsábel e saúde na cociña
Comermos
san, ecolóxica e responsabelmente é máis sinxelo e delicioso do
que parece. Require, como moitas actitudes dun consumo responsábel,
UN CHISCO DE SISO. Sempre e cando
non nos supoña unha obsesión nen un sentimento de privación,
seranos un pracer. Aplicando algúns criterios, poderemos facer unha
atinada escolla de alimentos sen termos que consultar tabelas
de calorías e nutrientes. Queremos dar a coñecer o uso da comida
real e tradicional; tornar aos ingredientes integrais, ecolóxicos,
locais e de cadansúa estación; deixar que a lóxica e a intuición,
a variedade e a satisfación nos leven a unha alimentación con
xeito.
Prácticas
que diminuíron a saúde, nosa e a do planeta.
-
-
Alto
consumo de comidas preparadas: conservas, conxelados, comidas
preparadas, alimentos refinados. Sobre-envasado .
-
Emprego
frecuente de alimentos de preparación con electricidade e do
forno de microondas.
-
Uso
e abuso do azucre en repostería.
-
Comida
baseada en gordura e azucre, doces e boliños industriais.
-
Abuso
do conxelador e o refrixerador.
-
Abuso
de alimentos de orixe animal (carne, lacticinios, ovos,
embutidos,...)
-
Invasión
de aditivos, estabilizantes e conservantes.
-
Abuso
das frituras e os aceites degradados ou requeimados.
-
Abuso
da temperatura de cocción: o lume forte queima o brando cociña
e predixire os alimentos.
-
Cocedura
de verduras de xeito inadecuado (exceso de auga).
-
Diminución
do consumo de verduras frescas, legumes e cereais.
-
Costume
de beber nas comidas.
|
Prácticas
que favorecen a nosa saúde e a do planeta.
-
-
Evitar
as grandes superficies comerciais, promovendo o comercio local.
-
Evitar
os envases problemáticos (bricks, aluminio, plásticos,
latas...).
-
Escoller
produtos frescos, de tempada e locais.
-
Diminuír
o emprego de comidas preparadas.
-
Diminuír
o consumo de alimentos de orixe animal en favor das verduras
frescas, legumes e cereais integrais.
-
Escoller
produtos de agricultura ecolóxica na medida do posíbel.
-
Reducir
o uso de azucre, sal, aditivos, e outros.
-
Non
abusar dos enfornados.
|
PRÁCTICAS
PARA AFONDAR UN POUQUIÑO MÁIS:
-
-
Os
cereais
integrais
achegan enerxía e cómpre térmolos en cada comida nunha cantidade
importante. Han ser o 40-50% total do prato.
-
As
verduras,
frescas e de tempada,
cómpre cociñalas con pouca auga ou ao vapor, e a lume baixo. Han
ser o 35-40% do total do prato.
-
As
proteínas,
en forma de legume,
habemos consumilas en pequenas cantidades, aínda que
frecuentemente. Se ao principio producen flatulencias, vai ben
cocelas con anises ou comiños para as dixerir mellor.
-
As
froitas
é mellor tomalas fóra das comidas ou na sobremesa en pequenas
cantidades. No inverno, mellor un pouco cociñadas e
preferentemente da estación e da nosa zona climática.
-
O
peixe
ideal é o branco e fresco; os azuis, ocasionalmente, aínda que
todos son preferíbeis á carne. Habémonos informar de como foi
pescado. Hai a opción da pesca tradicional.
-
O
marisco
cómpre limitalo só ás ocasións especiais ou celebracións.
-
As
carnes
téñenos moitos prexuízos ambientais e de saúde (alto contido en
graxas saturadas e toxinas). As brancas como o polo caseiro son
mellores. Habemos comer pouca cantidade, non máis de 2 veces á
semana, e xunto con moitos vexetais.
-
Os
lacticinios
habemos reducilos ou evitalos.
-
Habemos
tomar ovos,
sen abusar e sempre caseiros.
-
É
bo introducir os froitos
secos na
nosa dieta como algo habitual, e sen abusarmos da cantidade polo
seu alto contido en gordura.
AO
PREPARARMOS O NOSO MENÚ SAUDÁBEL:
-
Habemos
preferir o
esmagador de puré ou os morteiros manuais fronte os eléctricos.
-
Remoer
favorece a asimilación:
mastigando ben os alimentos non precisamos comer tanto nin enchernos
de líquidos para tragar aquelo que non foi ben desfeito. O hábito
de xantarmos devagar, sentados, sen levantarse, favorece contra a
maioría dos problemas dixestivos e calma o sistema nervioso.
-
A
orde dos alimentos si que importa:
no inverno ou cando faga frío, comezaremos cunha sopa quentiña que
asente o noso aparello dixestivo e o prepare para asimilar os
alimentos. Logo un prato básico formado por algún cereal integral,
verduras cociñadas ou crúas e proteína en forma de legume ou
produto animal. Finalmente remataremos cunha infusión. As froitas
sempre son mellores fóra das comidas.
-
É
certo que é preciso beber nas comidas?
Beber no transcurso das comidas dilúe os ácidos gástricos e
retarda a dixestión. O líquido do noso menú apórtao a sopa do
comezo e a tisana do final.
-
E
cal é a proporción ideal dos diferentes alimentos?
Pois é como facemos normalmente nas paellas: abundante arroz,
bastantes verduras e algo de proteína...
-Cereais integrais: arroz,
pasta, cebada, millo, ...serán un 40%-50% do total do prato.
-As verduras(frescas e da
estación), serán o 35-45% do total do prato.
-As
proteínas (en forma de legumes: garavanzos,
fabas, lentellas, soxa, peixe, carne, ovos) serán o 15% do total do
prato.
LIBROS
RECOMENDADOS
-
“Comer
sano, comer bien”- Diana & Gerard Cazals- Ed Aura
-
“La
nueva cocina energética”- Montse Bradford- Oceano.
-
“La
dieta ecológica”- Francés Moore Lappé- Ed Integral
-
“Las
verduras del mar”-Peter & Montse Bradfor- Ed Integral.
|