Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow Sábado 30 de maio, Mercadiño de Troco en Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Sábado 30 de maio, Mercadiño de Troco en Vigo PDF Imprimir Correo-e
Thursday, 28 de May do 2009

Nestes tempos de catástrofes universais, etiketa.jpgos gobernos pretenden sacarnos da crise apostando polos mesmos métodos que nos afundiron nela: polo desenvolvemento salvaxe e sen sentido, polo progreso entendido como un crecemento infinito da produción, polos bancos e as multinacionais que esquilman a terra coa súa delirante obsesión polos beneficios. Máis hai alternativas Verdegaia, Amarante, Árbore, Caleidoskopio e o Centro Social do Calvario organizan unha nova edición do mercadiño de troco e cesión no Mercado do Calvario en Vigo 

Hai alternativas a ese futuro que só conduce a un planeta estéril, arrasado pola cobiza e a estupidez. Alternativas claras, viables e sensatas, respectuosas coa contorna, que non confunden benestar con incremento da produción e que apostan pola reciclaxe, a utilización consciente dos recursos e a solidariedade. Unha desas alternativas é o troco.

Por iso, mes tras mes un grupo de asociacións, colectivos e persoas de Vigo e a comarca organizamos un mercadiño mensual de troco e cesión: unha cita co sentido común, co aforro, coa ecoloxía e o respecto pola terra. Este sábado 30 de maio tes unha nova cita coa xente da túa cidade, coas ganas de gozar e de encher as rúas de vida e actividade. Este sábado 30 de maio tes troco. Ven á rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 11:00 e as 13:00 horas (ou, se chove, ao Centro Social do Calvario, antiga "Cultural", na rúa Numancia 3) e planta o teu propio posto de troco. Para que gastar diñeiro se podes conseguir o mesmo de balde? Libros, discos, materiais de informática, decoración, fogar, roupa... Pensa no que precisas e ven a buscalo. Sinxelo, verdade?

E o resto do mes apúntate ao troco na nosa web de intercambio:
http://vigotroca.arkipelagos.net/maio11.jpg

 

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top