Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow 2ª Cadea Humana arredor do edificio da GOTA DE LEITE  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
2ª Cadea Humana arredor do edificio da GOTA DE LEITE PDF Imprimir Correo-e
Friday, 22 de May do 2009

A Rede Social Galicia Sur en relación coa convocatoria feita onte 21 de maio ás 20 horas á cidadanía viguesa para a construcción da 2ª CADEA HUMANA arredor do edificio da GOTA DE LEITE como acto de reivindicación e reclamación urxente da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social e Albergue Público na cidade de Vigo, manifesta:

- Que a convocatoria foi un rotundo éxito contou coa participación de máis de 500 persoas que rodearon o edificio en sinal de  apoio e reclamación firme da súa apertura e que participaron ademais no acto simbólico da súa inauguración celebrado na porta dunhas instalacións adicadas históricamente como centro de acollida.
 
- Que a extraordinaria resposta ofrecida onte pola cidade de Vigo en relación coa posta en marcha do Centro de Inclusión Social e Albergue Público visibiliza con contudencia a necesidade deste recurso e o apoio rotundo á Xunta de Galicia para que axilize os trámites pertinentes para a súa apertura.
 
- Desexamos recordar que a Rede Social Galicia Sur atópase á espera de resposta por parte do Presidente da Xunta de Galicia, D.Alberto Núñez Feijoo, a Conselleira de Traballo e Benestar Dona. Beatriz Mato e a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Dona. Lucía Molares sobre á reunión solicitada para abordar o estado do proxecto de apertura deste dispositivo con interese de colaborar e apoiar para que sexa XA unha realidade.
 
- Que no emocionante e entrañable acto celebrado no día de onte houbo un clamor aplaudido por tódalas persoas alí presentes: "Que o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, veña con urxencia á inauguración oficial do Centro de Inclusión Social e Albergue Público da cidade de Vigo". Alí estaremos apoiando e celebrando, por fin, a súa apertura.
 
- Dende a Rede Social Galicia Sur desexamos agradecer á cidadanía onte convocada no edificio do Fogar San Paio- "Gota de Leite" a súa participación incondicional, a súa resposta firme de apoio e reclamación dunha SOLUCIÓN XA PARA AS PERSOAS SEN FOGAR!
 
 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top