Para Ecologistas en
Acción, as axudas que formulan o Goberno estatal e Gobernos autonómicos como o
galego á compra de automóbiles son un mal negocio. Efectivamente, se o que se
quere é obter máis empregos e de calidade, a mellor estratexia sería apoiar o
transporte público, xa que xera o dobre de empregos que o sector do automóbil.
Se nos fixamos nos seus efectos sobre o ambiente, ou na xustiza social dos
investimentos, estes só se pueden cualificar como ruinosos.
A Xunta
sumouse á iniciativa lanzada polo Goberno central e dará até 700 euros para
mercar coches e até 1.500 euros para comprar vehículos industriais lixeiros,
destinando para estas axudas un total seis millóns de euros. Considerando tamén
as axudas do Goberno estatal e dos fabricantes, as axudas para a compra dun
coche en Galicia serán de 2.000 euros (para coches de até 10.000 euros) ou de
2.200 euros (para coches de até 30.000 euros).
- Un
mal negocio para o emprego
Se o que se
quere é obter máis empregos e de calidade, hai que investir en transporte
público, non en automóbiles. Efectivamente, a igualdade de percorrido de viaxe,
o transporte público xera o dobre de postos de traballo que a mobilidade
privada. Esta é a conclusión dun estudo de 2006 realizado no ámbito
catalán [1].
Algo parecido concluiuse en Francia na década dos 90 [2],
e o mesmo en Alemaña [3].
Ademais, os
empregos en transporte público son de moita maior calidade e, desde logo, non
teñen o risco das deslocalizacións, algo tan frecuente na industria do
automóbil.
- Un
mal negocio para o ambiente
Seguir
promovendo o medio de transporte que máis problemas ocasiona ao medioe á saúde da cidadanía, é un mal negocio.
Efectivamente, a maior parte das emisións de CO2 do transporte proveñen
do automóbil. Máis de 3.000 persoas morren cada ano en España por accidentes de
tráfego, e máis de 16.000 pola contaminación do aire que provén dos tubos de
escape dos coches...
É importante
considerarmos que un dos detonantes da crise actual foi o aumento dos prezos do
petróleo. Non parece logo unha boa medida desde o punto de vista económico o
aumentar as facilidades para seguir queimando este combustible, tornándonos
aínda máis dependentes enerxeticamente e aumentando o déficit da nosa balanza
comercial.
Alén diso,
coas axudas ao automóbil aprobadas, o Goberno a penas foiambicioso áhora de esixir como contrapartida recurtes nas emisións de CO2
ou de gases contaminantes, o que supón unha falta de estímulo para a
reconversión cara ásustentabilidade do
sector. E iso que este camiño é unha das poucas saídas desde o punto de vista
económico á crise da industria do automóbil.
- Un
mal negocio para a xente con menos recursos
Convén
lembrar que unha terceira parte dos fogares españois non ten coche, a metade
deles porque non o poden permitir. No fondo, co pretexto de solucionar un
problema, estanse transferindo cuantiosos recursos económicos aos sectores da
sociedade que menos o precisan.
- Un
mal negocio para todos
Como
demostran tamén numerosos estudos, que analisan os custos externos do
transporte -isto é, os custos que xera o transporte e que non pagan os usuarios
polo que son sufragados polo conxunto da sociedade-, o esforzo económico da
sociedade española polo noso modelo de mobilidade baseado no automóbil é
tremendo. Así, a suma dos gastos médicos e de seguridade social que ocasionan
os accidentes de tráfego, xunto co seu contributo ás alteracións climáticas, a
destrución de espazos naturais, os gastos derivados da conxestión, etc.cuantifícase nun 9,56% do PIB español para o
conxunto do transporte. E a maior parte destes custos externos son debidos ao
automóbil.
Se a isto lle
engadimos os tremendos investimentos en infraestruturas para o coche (só o
Goberno central gastará durante 2009 nada menos que 5.636 millóns de euros en
novas autovías, e iso que somos o país europeo con máis quilómetros destas
infraestruturas), decatarémonos do mal negocio que supoñen estes investimentos,
que con certeza xerarían moita máis calidade de vida e mellor emprego noutros
sectores, nos que somos claramente deficitarios.
[1] Estudo de Pau Noy para o
Instituto de Estudos de Seguridade. Este e os seguintes estudos citados,
extraídos de Pau Noy, "Empleos, movilidad
e infraestructuras", en Movilitat Sostenible i Segura, Inverno 2009.
[2] A partir dunha investigación do
INRETS, Instituto Nacional de Investigación sobre os Transportes e a
Seguridade.
[3] Traballos do Instituto
Wuppertal e INFRAS, de Zurich