Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
coud_lateral
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
eco57
coud
Verdegaia e Ecologistas en Acción reclaman a máxima prioridade para o monte en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 de Agosto do 2006

incendios_agosto_2006.jpgVerdegaia e Ecologistas en Acción coidan que a onda de incendios forestais e as súas dramáticas consecuencias son o resultado tanto da falta de xestión sustentábel dos montes e da desorde territorial coma do elevado grao de impunidade do que gozan os incendiarios. Situacións similares ás que vivimos estes días producíronse con anterioridade e poñen de manifesto a necesidade de que a ordenación e xestión sustentábeis do monte ocupe un lugar destacado nas prioridades da Xunta e do resto das Administracións ao longo de todo o ano, o que se debe traducir en máis recursos e en mellores políticas.

Verdegaia e Ecologistas en Acción demandan á Consellería de Medio Rural que, unha vez superada a crise actual, convoque con urxencia o Consello Forestal de Galicia para informar ás organizacións sociais sobre a evolución dos incendios e a aplicación do plano INFOGA. O Gobierno bipartito da Xunta non pode, como os anteriores, facer apelacións á inexcusábel colaboración cidadá sen ofrecer a máxima transparencia e participación social efectiva. Porén, o plano INFOGA, que non ten sido obxecto até agora de cambios importantes polo Goberno bipartito, tampoco foi discutido este ano coas organizacións sociais, en particular coas ecoloxistas.

Enfrontarse aos incendios é tarefa de toda a sociedade pero a Xunta e o resto dos poderes públicos teñen unha responsabilidade moi especial. Mais alá da retórica, e se exceptuamos o importante gasto en extinción, que será necesario manter, o certo é que o monte segue a recibir pouca atención e recursos das Administracións públicas. Dous exemplos: a partida consignada este ano nos Orzamentos da Xunta para axudas ao sector privado en materia de prevención de incendios é de 1.200.000 euros, o que equivale ao investimento nas obras de mellora de dous quilómetros dunha estrada licitadas no mes pasado. Os convenios asinados este ano pola Consellería de Medio Rural para desbroces (accións necesarias mais que deben ser aplicadas de forma selectiva e coidadosa) incidirán tan só sobre 14.000 ha, fronte a unha superficie declarada de especial risco de incendios de 391.549 ha.

Cambio climático

É oportuno lembrar que situacións como a destes días serían máis frecuentes como consecuencia do cambio climático previsto ao longo deste século. Unha das conclusións do informe científico “Evaluación Preliminar de los Impactos en España por Efecto del Cambio Climático é que “os índices medios de perigo de incendios aumentarán e, en particular, a frecuencia de situacións extremas”. A loita contra os incendios é un motivo máis para reducirmos as emisións de gases que provocan o cambio climático, tan elevadas en Galicia en termos relativos.

Solidariedade coas vítimas

Finalmente, Verdegaia e Ecologistas en Acción queren expresar a súa solidariedade con todas as vítimas dos lumes, especialmente cos familiares das tres persoas falecidas.

Máis información:

Ecologistas en Acción

Incendiómetro de WWF/Adena

Web sobre incendios forestais do Ministerio de Medio Ambiente

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
sust_2007
exposicion
Próximos eventos
Non hai eventos novos
En datas recentes
Feira Terractiva
Outubro 18 - 19, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top